Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Comarca de Muros, entre as que menor PIB por habitante teñen de toda Galicia

A Comarca de Muros, entre as que menor PIB por habitante teñen de toda Galicia
Indice do PIB en Galicia-Fonte-IGE

Moito temos falado de economía municipal co muradán Domingo Guerra. E tamén lle preguntaremos sobre estes datos de 2012 do IGE sobre produto Interior Bruto de Galicia (PIB).

Das 53 comarcas galegas, o IGE valora que as comarcas cun tecido industrial consolidado son as que teñen menores números, por iso as nosas comarcas non aparecen nas cabeceiras. E se o Eume, onde contan coa central das Pontes, contan cun PIB de 44.215€, na comarca de Muros (concellos de Muros e Carnota), á cola da táboa, temos unha media de 10.870€ por habitante e ano.

A especialización é unha das claves. O caso é que as comarcas de Bergantiños, Soneira, Xallas e Muros están incluidas no sector primario, mentres que a de Fisterra no sector de Industrias extractivas.

Comarcas con maior e menor PIB de Galicia 2012-Fonte-IGE

Un descenso da calidade de vida

Tasa de variacion do PIB entre 2010-2012 en Galicia-Fonte-IGE

Comparando cos datos do 2010, o PIB nas comarcas de Bergantiños, Fisterra e Muros descenderon entre un 4,1% e un 8%. Mentres que as de Soneira e Xallas o fixeron entre 0 e o 4,1%. En todo caso, o descenso do nivel de vida dos habitantes da costa da Morte é evidente.

Ademais, na táboa de abaixo vemos que ningunha das nosas comarcas supera a media galega, 19.599 euros de PIB por habitante.

Iso si, son varios os Concellos que a superan. Por exemplo Cee e Dumbría teñen un PIB máis dun 125% por riba da media. Pola súa parte, Vimianzo, Santa Comba e Carballo andan entre o 75% e o 100%, e o resto, entre o 50% e o 75% do PIB nacional.

PIB na Costa da Morte

ComarcaPIB 2012Var (%) 2010-2012PIB por habitante 2012
Bergantiños 877 -6,1 12.582
Fisterra 413 -5,9 17.558
Muros 154 -6,4 10.870
Soneira 259 -2,2 13.222
Xallas 233 -2,2 15.638

Notas

  • O 45% do Produto Interior Bruto de Galicia (PIB) concéntrase nos sete grandes concellos de Galicia.
  • E o 24,4% do Produto Interior Bruto de Galicia concéntrase nos concellos de Vigo e A Coruña.
  • Vigo é o concello cun maior PIB, seguido da Coruña. Por comarcas, Coruña supera a Vigo e entre ambas comarcas concentran o 36% da actividade económica en Galicia.
  • Os concellos cun maior PIB por habitante de Galicia son Muras, Carballeda de Valdeorras e As Pontes de García Rodríguez.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios