A comunidade educativa volve por enésima vez á rúa para berrar contra a LOMCE
11:13 17/02/17
Concentración en Cee contra a LOMCE-Foto-Rafa Quintñans
Nova xornada de folga e concentracións este pasado xoves 16 de febreiro en contra da LOMCE. Despois de paralizar as Reválidas, a mobilización da comunidade educativa para eliminar a Lei e para defender o ensino público de calidade non para. Parece, iso si, que decae lixeiramente, ou así se deixou ver nas concentracións celebradas en Cee e Carballo, onde houbo algo menos xente que as últimas veces. Pero tamén parece normal despois de varios anos saíndo á rúa mes tras mes.
A Anpa San Vicenzo na Concentracion da LOMCE en Cee-Foto-Rafa Quintáns
A Anpa Uxio na Concentración da LOMCE en Cee-Foto-Rafa Quintáns
Ademais, había convocada un parón polo día. Centros como o de Cabana, ou de Ponteceso, secundaron fortemente a folga convocada da Conferederación da ANPAS Galegas, e apoiada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público Galego. Unha Plataforma que afirma que foi “secundada polo 90% das estudantes de ensino medio e polo 80% das do universitario”.
Unha Plataforma que segue pedido unha “nova Lei Educativa Participativa, Democrática e Inclusiva que responda á diversidade, que garante a educación gratuíta dende os 0 anos; que non teña imposicións, que facilite o acceso aos estudios superiores para as persoas con menos recursos, que promova unha formación integral (ciencias, letras, artes,…), que recoñeza e respecte a diversidade existente no estado español, que garanta prazas no ensino público a todo o alumnado e suprima os concertos educativos, que poña o dereito á educación por enriba do dereito de admisión, e que sexa máis inclusiva".
Folga no CEIP Ponteceso do 16F
Folga no CEIP Ponteceso do 16F
Novas relacionadas
- Novembro 2016: O alumnado demostra que non quere á LOMCE.
- Estamos preparados para a folga e si esta non funciona… para a revolución?.
- 27-10-16: A comunidade educativa mata as Reválidas e dille non á Lomce.
- 26-10-16: A LOMCE e as Reválidas baleiran as aulas de Muros.
- Setembro 2016: Os socialistas critican a mingua da calidade do ensino na comarca de Bergantiños.
- Setembro 2016: En marcha un novo curso escolar.
- Xullo 2016: A federación de ANPAS Costa da Morte fai balance do ano académico.
- Xuño 2016: Versos como balas contra a LOMCE.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).