venres. 02.05.2025
El tiempo

A Costa da Morte perdeu máis de 1.500 habitantes durante o 2014

A Costa da Morte perdeu máis de 1.500 habitantes durante o 2014
Camariñas foi o concello da Costa da Morte que máis poboacion perdiu durante o 2014 Camariñas foi o concello da Costa da Morte que máis poboacion perdiu durante o 2014 Todos os concellos da Costa da Morte perderon poboación durante o 2014. O total da pobación empadroada no conxunto dos os concellos que forman a comarca era de 125.833 habitantes, segundo se desprende dos datos publicados onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE) do Padrón Continuo. Segundo estas cifras, a Costa da Morte pasou de ter 1125.833 habitantes a 1 de xaneiro de 2014 a 124.276 na misma data do 2015, o que supón un descenso da poboación do 1,23% en só un ano. Ainda que todos os municipios perderon habitantes ao longo do 2014, encabeza o descenso o de Camariñas, con 197 persoas, xa que pasou de ter 5.774 habitantes a 5.577. Sígueo o concello de Vimianzo que perdeu nun ano 190 habitantes. Pola contra, Carballo é o municipo da Costa da Morte que menos pobación perdiu xa que pasou dos 31.288 habitantes aos 31.283 - unha diferenza de 5 persoas -. Datos autonómicos Os datos da Costa da Morte son similares aos do resto de Galicia onde o 1 de xaneiro de 2015 estaban empadroados 2.732.347 habitantes, despois de perder 16.348 ao longodo 2014. Así, a comunidade galega pasou de ter 2.748.695 habitantes a 1 de xaneiro de 2014 a 2.732.347 na mesma data do 2015, o que supón un descenso do 0,59%. Con todo isto, segundo indica o INE, este ritmo de descenso de poboación é lixeiramente inferior ao que houbo entre o 1 de xaneiro do 2013 e o do 2014, xa que neses doce meses Galicia perdeu 17.245 habitantes. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • INE
   

Comentarios