A Deputación lanza un programa para combater a soidade non desexada nos nosos maiores
Vén de anunciar a Deputación da Coruña a posta en marcha dun novo programa de actividades de envellecemento activo e plans de loita contra a soidade non desexada destinados ás persoas maiores. Un programa formulado para os Concellos que teñen menos de 5.000 habitantes.
A idea é implementar medidas que contribúan a fomentar a actividade física, o benestar e a evitar a soidade non desexada das persoas maiores.
A deputada de Política Social, Mar García Vidal, lembrou que “na Deputación levamos a cabo hai uns anos un programa piloto de loita contra a soidade non desexada en concellos como Vimianzo, Ortigueira ou Muros e agora damos un paso máis, tratando de estender estas accións a todos os concellos de menos de 5.000 habitantes que as demanden”.
“Son programas necesarios, que permiten aos maiores socializar e manterse activos, evitando o illamento que detectamos especialmente en entornos rurais”, afirmou a deputada.
De entre os 35 concellos beneficiados, estes son os da nosa comarca:
- Concello de Cabana de Bergantiños 6.733,71€
- Concello de Carnota 6.733,71€
- Concello de Corcubión 6.733,71€
- Concello de Dumbría 6.733,71€
- Concello de Fisterra 6.704,50€
- Concello de Laxe 6.733,71€
- Concello de Mazaricos 6.733,71€
- Concello de Muxía 6.700,00€