Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A escritora cabanesa Alejandra Plaza promociona a terra no Museumuferfest de Frankfurt

A escritora cabanesa Alejandra Plaza promociona a terra no Museumuferfest de Frankfurt
alejandra-plaza-museumuferfest Galicia ocupou un lugar destacado no festival do Museumuferfest que tivo lugar a finais de agosto en Frankfurt A arte, a cultura e a gastronomía galegas deixaron pegada no Museumuferfest celebrado ás beiras do río Main, en Frakfurt, a finais do pasado mes de agosto. Diso encargouse a escritora Alejandra Plaza, unha veciña de Cabana de Bergantiños, que exerceu de embaixadora no pavillón de Galicia. Durante os tres días do festival, foi a responsable de atender a demanda turística galega e promover a terra potenciando recursos turísticos como o Camiño de Santiago, a ruta das camelias, a costa galega, a Ribeira Sacra e a praia das Catedrais, entre outro moitos destinos que suscitaron tal interese entre o público que o último día xa se esgotaran o material sobre Galicia. "Foi unha fin de semana moi intensa. A oferta turística galega gusta moito ao público alemán aínda que aínda é moi descoñecida. Estes tres días foron un gran éxito. Moitísimas horas falando e dando a coñecer a miña terra da que me sinto orgullosa. Somos unha comunidade con grandes e variados recursos para ofrecer aos turistas”, sinala Alejandra Plaza, autora de "Cuentos pequeños para gente menuda" e "Si fuese fácil, lo haría otro" e que actualmente se atopa inmersa na promoción deste segundo traballo sobre a emigración do século XXI. O festival Cerca de 2,6 millóns de persoas acudiron ao Museumuferfest - ou máis coñecido como a festa da ribeira dos museos - que é xa un dos eventos máis importantes de Alemaña. Durante os tres días de duración (do 24 ao 26 de agosto), os visitantes puideron gozar da arte, a cultura, a música e a gastronomía de cada unha das nacionalidades que conviven na multicultural capital financeira. O alcalde da cidade, Peter Feldmann, inaugurou o evento no escenario do país convidado este ano, Xeorxia. Esta festa supón un gran éxito para a promoción de España polo que a Oficina de Turismo Española de Frankfurt ofrece cada ano un prestixioso espazo chamado “Spanien am Main”. Unha ambiciosa proposta celebrada en varios pavillóns cun escenario propio para deleitarse coa música e a animación española da compañía flamenca Ursula Moreno de Andalucía, do grupo rock de Logroño Fake Teddy, do folclore tradicional dos navarros Ortzadar e do novo e exitosa viaxe da tradición máis cosmopolita galega grazas a Wöyza & The Galician Messengers. Andalucía, Gran Canaria, Eivissa, Madrid, Mallorca, Murcia, Navarra, Lanzarote, Logroño e Galicia ofreceron a oferta turística máis variada e actualizada das súas autonomías. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/a-mariscadora-de-recordos-de-cabana-levanos-de-viaxe-literario-a-diaspora-mais-actual/ Fonte    

Comentarios