Martes. 08.10.2024
El tiempo

As ANPAS seguen formándose e convocando folgas e concentracións contra a LOMCE

As ANPAS seguen formándose e convocando folgas e concentracións contra a LOMCE
asemblea-fedandas-coruna-costa-da-morte

Este pasado venres tivo lugar a Asemblea Xeral da Federación Provincial de ANPA da Coruña - Costa da Morte (a costeira converteuse en provincial). A Casa da Cultura de Vimianzo acollía unha cita na que a unanimidade foi a protagonista demostrando a unidade dunha comunidade educativa que segue pelexando contra a LOMCE e as reválidas.

Os pais e nais da bisbarra aprobaron a entrada de 3 novas ANPAS da provincia, aprobaron novas xornadas de formación sobre xestión das propias entidades, así como os representantes da federación en ANPAS GALEGAS (Maica Cacheiro e Lola Rama) e na Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (Pepe Bustelo).

 

Mobilización

folga-anpas-galegas-nin-revalidas-nin-lomce

E despois das mobilizacións de Cee, Carballo emais Muros, as Fedanfas infomaron das novas Folgas estudiantís que veñen por diante en contra da Lomce e das Reválidas.

Os vindeiros 16 e 24 de novembro hai convocada unha folga e unha concentración ás 11:00h en Santiago.

Formación

Estas xuntanzas son aproveitadas para facer novas Xornadas de Formacións. Desta volta tocaba, unha vez máis, Xestión nas ANPA, e unha dura sesión de Contabilidade, Fiscalidade e Facenda. Unhas “clases” que duraron ata ás 22.45h.

Ademais, seguiron preparando a xornada de formación ”Vivimos na Diversidade” en Cee e informaron das xornadas “Aprende para educar”, que se desenvolverán nas seguintes datas e lugares:

xornadas-aprender-para-educar
Comentarios