A regueifa bergantiñá viaxará a Chantada


O vindeiro venres 24 de xuño, a partir das 17.30 h, un grupo de maiores da localidade luguesa de Chantada poderá aprender unha arte que practicamente só se conserva na comarca de Bergantiños: a regueifa. Os encargados de aprender esta tradición de poesía oral serán o filólogo Xosé Manuel Varela e o regueifeiro Fermín Calvo Gómez (Fermín da Feira Nova). A actividade desenvolverase na biblioteca municipal grazas ó programa de animación á lectura Letras Vivas da Consellería de Cultura e Turismo.
Neste obradoiro achegaránselle ós asistentes as nocións básicas para compoñer unha cantiga de regueifa ó xeito bergantiñán. De aprenderlles a compoñer a cantiga encargarase Xosé Manuel Varela e de darlle o xeito bergantiñán encargarase Fermín Calvo, o regueifeiro máis vello de Galicia.
O presente obradoiro tamén forma parte do ciclo de xornadas de formación de regueifa que Xosé Manuel Varela e Fermín Calvo comezaron o ano 2010 por varias localidades de Galicia como Brión, Chapela, Dodro, Santiago ou Boimorto. Por outra banda, Xosé Manuel tamén participou en 2010 no Encontro Internacional de Regueifa celebrado polo Centro Cultural Valladares de Vigo.
Unha mostra de como se desenvolven estes obradoiros de regueifa está colgado en Youtube desde hai meses, nos que Xosé Manuel Varela e Fermín da Feiranova explican os detalles da regueifa bergantiñá en Vigo.
Novas relacionadas
- A “Polafía”, unha auténtica viaxe en vídeo pola tradición de Cerqueda.
- Os Muíños de Caldebarcos volven sentirse vivos.
- Cabana homenaxea ao regueifeiro Fermín Calvo no Salón Social de Silvarredonda .
- A regueifa reconquista Cerqueda e toma a rede .
- A bitácora da semana (LXXI): A regueifa en Cerqueda .
- Cerqueda e o Couto celebraron a gran festa da lingua retranqueira .
Fonte
- Xosé Manuel Varela.