Mércores. 18.09.2019
El tiempo

Cabana organiza un curso de monitor de tempo libre para o outono

Cabana organiza un curso de monitor de tempo libre para o outono

O departamento de Cultura, Educación e Turismo do Concello de Cabana de Bergantiños organiza un curso de monitor/a de tempo libre para o próximo outono. Os interesados na formación deben cumprir os seguintes requisitos: ser maior de 18 anos e estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado escolar ou equivalente. O curso os venres pola tarde e sábados durante todo o día nas instalacións do Concello de Cabana. 

Máis información  e preinscrición no correo electrónico [email protected]

Comentarios