Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo para solicitar as vivendas sociais de Cabana

Casas dos Mestres-Vivendas Sociais Cabana 3
Así locen as rehabitadas Casas dos Mestres da zona das Revoltas
Aberto o prazo para solicitar as vivendas sociais de Cabana

As vivendas dos mestres de Cabana xa están rehabilitadas, tres anos despois do comezo do procedemento, e o prazo de inscrición para solicitar a súa ocupación temporal (de 2 anos) está aberto ata o 6 de outubro.

Son 6 fogares destinados a ocupación temporal social co fin de asegurar unhas condicións dignas de vivenda a aquelas persoas que se atopan nunha situación económica na que contan con recursos insuficientes para acceder ao mercado de vivendas en ocupación temporal.

Poderán optar todas aquelas persoas que non puidesen acceder a unha vivenda de ocupación temporal a prezo de mercado e nas que concorran os seguintes requisitos: Ser maior de idade ou menor con emancipación concedida e non ter incapacidade de obrar para obrigarse de xeito contractual de acordo co Código Civil; deberase acreditar a residencia legal, efectiva e continuada no Concello de Cabana de Bergantiños durante un período de, cando menos, seis meses con anterioridade á data de solicitude; non se pode ser titular dunha vivenda en réxime de propiedade en pleno dominio ou dun dereito real de uso ou goce sobre outra vivenda en todo o territorio nacional e; a unidade familiar terá que acreditar que non se superan os ingresos máximos establecidos na convocatoria.

Unha iniciativa que vén se podería repetir en concellos como o de Laxe, onde as casas dos mestres, situadas na zona do Areal, a pé de praia, esmorecen.

Casas dos Mestres-Vivendas Sociais Cabana
A ubicación, a pé da praia do Pendón, é fantástica

Novas relacionadas

Comentarios