Mércores. 01.12.2021
El tiempo

Alejandra Plaza afondou sobre a importancia das asociacións no seminario “Novas Diásporas”

Alejandra Plaza no Consello da Cultura Galega
Alejandra Plaza afondou sobre a importancia das asociacións no seminario “Novas Diásporas”

O pasado 7 de outubro tivo lugar no Consello da Cultura Galega o seminario das “Novas Diásporas, a nova vaga de emigración galega en contexto”. Entre @s importantes [email protected] atopamos á nosa embaixadora Alejandra Plaza. A escritora cabanesa, como xa reflexionou no libro colectivo que publicou o pasado mes, reflexionou sobre a importancia das asociacións na emigración.

Novas Diasporas no Consello da Cultura Gaelga

Plaza explicou como é embaixada.gal, a partir da cal fai unha singular clasificación do perfís de emigrantes que se atopan nas ascoiacións da europa continental.

  • ”Fuga de cerebros”. Xóvenes universitarios altamente cualificados entre 25 e 30 anos que ven en emigrar unha oportunidade de acordo aos estudos realizados.
  • Traballadores de entre 40 e 45 cualificados que emigran, aínda que teñan traballo, porque consideran que están máis valorados e renumerados noutros países.
  • Españois que non son de orixen. Moitos cidadáns latinoamericanos e marroquíes adquiriron a nacionalidade española na época do boom inmobiliario e tras a crise, este pasaporte abriulle as portas de Europa.
  • Familiar. Familias enteiras con nenos e ancianos ao cargo.
  • Xeración NININI. Nin estudian nin traballan nin se integran. Un perfil problemático que teñen creado moitos conflictos nos países receptores.
  • Erasmus. Estudantes con ganas de ver mundo, experimentar e abrir horizontes. Atopan unha independencia cómoda no corazón de Europa e crean parellas mixtas con inquedanzas e necesidades distintas.
  • Os que non queren voltar. Ven no país receptor unha porta aberta ás súas espectativas e non se plantexan voltar.
  • Os que queren voltar. A maioría son un colectivo altamente cualificado que tras anos fora queren voltar e desempeñar o seu traballo.
  • As xeracións nacidas e criadas no país de acollida. En moitos casos están totalmente desvinculados das raíces e tradicións pero gústalles ir a Galicia e manter certo vínculo. Algúns nen sequera manteñen a lingua.
  • Xeracións de ida e volta. Fillos da emigración dos 60/70 que nacen no país receptores pero son enviados a Galicia no tempo de escola e regresan sobre os 15 anos.
  • Nin aquí nin alí. Moitos emigrantes que formaron familias quedaron atrapados na emigración. Por non deixar fillos e netos atrás, pasan tempadas en Galicia e tempadas no país de acollida.
  • SI SI SI. É o último colectivo que está chegando. Xente nova con ganas de estudiar, de integrarse e de traballar.

Aquí podemos ver a intervención da nosa embaixadora:

Novas relacionadas

comentarios