Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O libro colectivo que analiza o asociacionismo español na emigración

Alejandra Plaza co libro El asociacionismo espanol en la emigracion
Alejandra Plaza co libro sobre o asociacionismo español na migración
O libro colectivo que analiza o asociacionismo español na emigración

Xa está nas librarías ”El asociacionismo español de una emigración diferenciada”. O libro xestado entre varias universidades de todo o mundo, editado polo catedrático Juan Andrés Blanco Rodríguez e Arsenio Dacosta. Un libro que analiza un dos fenómeos históricos actuais máis significativos da nos ahistoria como é a emigración, centrándose nunha das principais manifestacións da súa sociabilidade, as asociacións.

Parten das análises de varios destinos principais, como son o norte de Europa, EEUU ou Brasil, e avalían a evolución do asociacionismo español, cun claro enfoque cara o presente e as novas canles de comunicación.

O libro, a través desta investigación colectiva, estuda tamén unha das formas da memorialización.

Entre os numerosos autores (xentes como Fernando Olsvado Estevan, Asunción Merino, Serfafín Pazos, Antía Pérez-Caramés, Marina García…) tamén atopamos á escritora Alejandra Plaza, unha das principais embaixadoras da nosa cultura por Alemaña e Suiza. A cabanesa presenta o fenómeno de Embaixada.gal e as súas manifestacións durante todos estes anos de proxectos tecendo fíos entre a súa patria natal e os migrantes que viven no norte de Europa.

Comentarios