Domingo. 20.10.2019
El tiempo

Alejandra Plaza lánzase á literatura infantil dende a actualidade

Alejandra Plaza polas escolas de Valencia
Alejandra Plaza polas escolas de Valencia
Alejandra Plaza lánzase á literatura infantil dende a actualidade

A escritora cabanesa Alejandra Plaza está inmersa nun novo traballo infantil cheo de sorpresas, valores e principios humanos tan necesarios pero ausentes nos últimos tempos. Espera ter sacado adiante o traballo a finais de ano, pero xa está facendo algo de promoción.

Así, a mariscadora de recordos, unha das nosas mellores a href=https://www.quepasanacosta.gal/articulo/cabana/a-cabanesa-alejandra-plaza-a-mellor-embaixadora-galega-en-frankfurt/20181019062839089469.html>embaixadoras en Alemaña, estivo estas semanas en España, pois non quixo perder a V Gala dos premios literarios da editorial Círculo Rojo. Codeouse coa elite cultural española nun evento que se celebrou no Teatro-Auditorio de Roquetas de Mar (Almería).

Plaza aproveitou e alongou a súa visita a España para impartir diversos talleres aos nenos de tres, catro e cinco anos de colexios da Comunidade Valenciana.

Nestes talleres recolle material directo para o seu novo libro de relatos infantiles que vai estar cheo de sorpresas... todas as historias falarán de temas de actualidade que dunha ou outra maneira afectas aos máis pequechos... o acoso escolar, a crisis nas casas, a morte dunha mascota, o fomento á lectura, o despoboamento do rural... etc.

”Como sempre, fago un guiño a todos os rapaces que nun momento da miña vida ou sempre forman parte dela. Estarán reflexadas cidades e pobos polos que andiven. Nesta ocasión vou contar co talento artístico dunha nova promesa galega de 20 anos, de Ferrol chamada Marta Vales. Ela estalle a dar vida aos personaxes e escenarios das distintas historias”, explícanos. A sorpresa é que todos os personaxes ilustrados existen na realidade coa única diferencia que na realidades son de carne e oso e no libro son debuxos onde un para de letras os poñen en movimento.

”Está sendo un proxecto moi interesante con Marta. Para ela é a súa primeira obra desde tipo e estalle dando un aire moi actual as ilustracións. Estou encantada e desexando ver o resultado final do noso fillo en común”, ríe.

Novas relacionadas

Comentarios