Alumnado do CEIP Labarta Pose de Baio visitan as instalacións de Íntegro
08:10 02/06/17
Alumnos e alumnas do CEIP Labarta Pose de Baio visitaron o pasado martes as instalacións de Íntegro en Nantón
Un grupo de alumnos e alumnas do CEIP Labarta Pose de Baio visitaron o pasado martes as instalacións de Íntegro dentro do programa Visítanos!; unha actividade formativa destinada a educar, concienciar e capacitar aos máis pequenos/as en materia de diversidade, incluída no programa Capacíta-T. Un total de 39 nenos e nenas de 5º e 6º de primaria percorreron as instalacións de Nantón, acompañadospolos seus mestres/as e os nosos usuarios/as e traballadores/as, decididos/as a coñecer depreto o día a día do centro e descubrir algunhas das actividades que se realizan nos obradoiros do centro ocupacional e do centro de día.
Foi precisamente nos talleres que visitaron ao longo da mañá onde xurdiron algunhas das preguntas máis curiosas relacionadas coa inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional. Moitos deles recoñeceron posuír ideas preconcibidas e en materia de discapacidade e comprometéronse a aportar o seu gran de area para camiñar con paso firme cara unha sociedade máis inclusiva, xusta e igualitaria onde todos e todas teñamos os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades.
Durante a súa estancia en Íntegro, o alumnado tivo tempo de pasar polo ximnasio e comprobar en primeira persoa o que custa manterse en forma na sala de fisioterapia: bicicleta elíptica, cinta de correr, traballo de musculatura,... Tamén amosaron gran interese na aula de informática e na de artes manuais onde puxeron en práctica algúns consellos dos nosos usuarios/as. A confección de pulseiras de macramé foi unha das actividades máis aplaudidas polos rapaces/as xunto co obradoiro de cociña, no que realizaron unhas galletas de manteiga. Pero un dos momentos máis alegres e divertidos tivo lugar no departamento de logopedia durante a sesión de risoterapia onde aprenderon a importancia de rir e de rirse de si mesmos/as para gañar en felicidade e optimismo.
Hidroponía
O alumnado de Baio coñeceu o método de cultivos hidropónicos que empregan nos invernadoiros de Íntegro
Xa nos invernadoiros, os estudantes foron testemuñas dunha excelente masterclass sobre cultivos hidropónicos, un método innovador que tamén empregamos en Íntegro utilizando - en vez de terra - un medio acuoso e os nutrintes necesarios para proporcionar alimento ás plantas.
Como xa é costume, houbo xogos con barreiras para poñer a proba a destreza dos alumnos/as superando obstáculos sobre unha cadeira de rodas e poñéndose, por uns intres, no lugar das persoas con mobilidade reducida.
Novas relacionadas
- As emocións brillan no 25 aniversario de Íntegro
- Íntegro celebra os seus 25 anos
- Íntegro ensina ao alumnado do IES de Baio a previr as lesións medulares
- O clubEmprego de Íntegro xa funciona en Malpica
- Málpica súmase ao programa clubEmprego de Íntegro para impulsar a inserción laboral da muller
- Íntegro crea un novo espazo para a inserción laboral da muller chamado clubEmprego
- Íntegro reforza o proxecto PIMD Rural con novas canles para a inserción laboral
- Íntegro organiza un mercado de Nadal con agasallos artesanais e solidarios
- Íntegro abre as súas portas con motivo do día internacional da diversidade funcional
- Íntegro abre unha nova edición de Visítanos! cos escolares de Camariñas e Ponte do Porto
- Os usuarios de Íntegro apúntanse a reciclar
- Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares.
- Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
- De visita a Madrid
- Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Asociación Íntegro