Martes. 15.10.2024
El tiempo

Alumnos da USC acoden ó Dolmen de Dombate para coñecer EduCabana

Alumnos da USC acoden ó Dolmen de Dombate para coñecer EduCabana
folcromias Uns trinta alumnos da facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela - USC - achegaranse o vindeiro venres, 6 de novembro, ata o dolmen de Dombate, en Borneiro, onde lle presentarán a ferramenta dixital de recursos didácticos EduCABANA. EduCABANA será un complemento á materia "Materiais didácticos e o seu aproveitamento", impartida polo profesor Suso Rodríguez. A través desta ferramenta, os alumnos accederán ás publicacións dixitalizadas polo concello cabanés e que están organizadas en distintos bloques: xeografía e natureza, patrimonio arqueolóxico e artístico, patrimonio etnográfico, patrimonio musical e literatura e tradición oral. Ademais desta presentación, os asistentes terán a oportunidade de realizar unha visita guiada polo xacemento da man de Ángel Eiroa e Martín Martínez . Máis actividades Por outra parte, o domingo 8 de novembro, terá lugar no centro arqueolóxico do Dolmen de Dombate a presentación do disco Folcromías da man de Fernando Fraga e Óscar Ibáñez, como gaiteiro convidado. O acto comeza ás 17 horas.   Fonte

Comentarios