![voluntariado ambiental monte branco 2016]()
Co fin de erradicar as especies invasoras que ameazan o rico ecosistema do Monte Branco, un grupo de mozos e mozas do concello de Ponteceso con inquietudes ambientais uníronse baixo o nome
As Píllaras das Dunas para organizar un programa de
voluntariado ambiental que se desenvolverá do 19 ao 26 de setembro.
A actividade está dirixida a
mozos e mozas de entre 18 e 35 anos que terán manutención e aloxamento gratuito. Dentro do programa inclúense actividades como seminarios sobre plantas invasoras, un percorrido por zona afectadas pola uña de gato - Carpobrotus Edulis -, obradoiros de horta ecolóxica, de cosmética natural, de xabróns naturais,... entre outras máis actividades.
O prazo de inscrición comeza mañá, 22 de agosto, e remata o 9 de setembro. Os interesados deben cumprimentar un
formulario de inscrición e envialo ao enderezo electrónico aspillarasdasdunas@hotmail.com.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)