Arde un tractor en Nantón
10:00 27/06/18
incendio-tractor-nanton
Efectivos do Parque de Bombeiros de Carballo e do GES de Ponteceso apagaron esta madrugada un incendio iniciado nun tractor na localidade de Nantón, en Cabana de Bergantiños.
Os servizos de Emerxencias recibiron a alerta pasadas as 05:30 horas. A partir de aí puxeronse en marcha os equipos de actuación qu empregaron uns 5.000 litros de auga para apagar o incendio que afectou á cabeza tractora do vehículo e a un apeiro de labranza que tiña enganchado. Os traballos de extinción remataron ao redor das 08:10 horas de hoxe.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Bombeiros de Carballo