Martes. 23.04.2024
El tiempo

As emocións brillan no 25 aniversario de Íntegro

As emocións brillan no 25 aniversario de Íntegro
25-aniversario-asociacion-integro Distintas autoridades participaron no acto do 25 aniversario da asociación Íntegro que tivo lugar onte en Cabana de Bergantiños Que unha asociación se manteña viva durante 25 anos é máis que motivo de celebración. E hoxe foi o turno de Íntegro, unha entidade adicada a dedicada a atender ás persoas con diversidade funcional e ás súas familias. O acto de homenaxe celebrouse onte no auditorio de Cabana de Bergantiños e nel participaron o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, o alcalde de Cabana, José Muíño, o presidente da entidade, Adolfo López Baña, usarios e socios de Íntegro así como outras autoridades da zona. Na súa intervención, Rey Varela defendeu a igualdade fronte a discriminación, e puxo en valor as achegas á sociedade das persoas con diversidade funcional. “Non debemos falar de minusválidos nin de discapacitados, senón de persoas con capacidades ou funcionalidades diferentes que teñen moito que dicir e que aportar”, sinalou. Asemade, o conselleiro fixo fincapé na importancia de afondar na colaboración coas entidades que actúan no campo da diversidade, xa que “realizan un papel fundamental para favorecer o normal desenvolvemento das persoas e, ao mesmo tempo, apoiar e asesorar ás súas familias”. Ao respecto, avogou por “seguir sumando esforzos en erradicar as barreiras e dificultades que na actualidade aínda teñen estas persoas, máis aínda cando viven en contornos rurais onde o acceso a determinados servizos é máis dificultoso que nas cidades”. A asociación Íntegro, constituíuse no ano 1992 para prover a independencia, a autonomía persoal e a igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional na sociedade. O seu ámbito de actuación son as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, e conta cun centro de día e un centro ocupacional de 30 e 15 prazas respectivamente. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios