Martes. 10.09.2024
El tiempo

As redeiras de Malpica xa tecen na rede

As redeiras de Malpica xa tecen na rede
Redeiras de Malpica na rede Redeiras de Malpica nos ordenadores

Xa dixitalizamos ás redeiras de Corme. Esta semana, QPC axuda a alfabetizar dixitalmente ás de Malpica, cun ao que acoden integrantes das asociacións de mulleres redeiras.

A semana pasada aprenderon a usar dispositivos móbiles gracias á iniciativa de Amtega “Faite dixital”, e esta semana, Ubaldo Cerqueiro de QPC estalles impartindo no Centro de Desenvolvemento Rural de Buño un curso con ordenadores.

A verdade é que o estamos pasando de medo. Despois dunha xornada de iniciación polas partes do ordenador, xa conseguimos sumerxirnos na rede, abrindo un correo electrónico, visitando os xornais da zona máis importantes, e vendo vídeos e vídeos de Malpica no youtube.

Do que se trata, de darlles argumentos, cousas que facer, cando poidan disfrutar de ter un ordenador con conexión diante.

Asociacións de Redeiras de Malpica e Corme

As destinatarias desta actividade son as redeiras integradas nas asociacións ‘O Fieital’ e ‘Illa da Estrela’, un colectivo de mulleres considerado en risco de exclusión dixital tendo en conta o seu baixo perfil en competencias TIC, que as converte en grupo de interese como receptoras das actividades externas do proxecto ‘Faite Dixit@l!’

Búsqueda de emprego en Ponteceso, Cabana e Laxe

Curso de busqueda de emprego en Ponteceso

Así mesmo, os concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Laxe realizaron onte un obradoiro de busca de emprego na Casa da Cultura do Concello de Ponteceso (aula de informática). Esta actividade forma parte do programa de Métodos Activos de Busca de Emprego Local (Programa Mabel) que promove a Deputación da Coruña.
No obradoiro participaron 18 demandantes de emprego dos ditos concellos. Os contidos traballados foron: currículo, carta de presentación, entrevista de traballo e busca de emprego por internet.

Formación QPC

Fonte

Comentarios