Bergantiños pide formación e horticultura



Foi todo un éxito a II Xornada Práctica de Poda en Horta, celebrada hai xa dúas semanas a organizada polo GDR Bergantiños, en colaboración con Agro-Forestal Ures Torrado. Unha práctica guiada por Jesús Recarey, que ao mesmo tempo que explicaba a técnica da poda e atendía ás dúbidas expostas polo público, facía demostracións prácticas de como hai que podar as distintas árbores froiteiras.
Uns 30 participantes manifestaron o seu interese pola hortofruticultura e a súa necesidade de formación, demandando que se realicen máis xornadas prácticas neste eido. De aí, que a entidade xa teña armada unha nova acción formativa. A cita será o vindeiro xoves, 12 de marzo de 2015, celebrarase a “1ª Xornada Práctica de Enxertos en Horta”. O evento terá lugar ás 16:30h nas instalacións de Viveiros Amado de Cabovilaño (A Laracha), entidade colaboradora.
A actividade estará dirixida polo viveirista – responsable da entidade – avalado por máis de vinte anos de experiencia na produción de planta. Na xornada exporanse distintas técnicas de inxerto en función dos patróns e das variedades froiteiras.
Para inscribirse deben poñerse en contacto co GDR Bergantiños vía email info@adbergantinos.org ou a través do teléfono 981 70 73 77.
Novas relacionadas
Fonte
- GDR Bergantiños.