Bergantiños saca os patíns en Ponteceso


Varias actividades deportivas para os máis cativos propón o Concello de Ponteceso.
Día do patín
As escolas de patín do Colexio Artai e dos Concellos de Cabana, Coristanco, Laxe e Ponteceso, participan nesta gran festa do patín. Os alumnados das distintas escolas exhibirán os seus adiantos e coñecementos sobre o patín neste curso.
A cita, que acollerá a centos de mozos patinadores, será este venres 4 de abril no pavillón municipal en Corme ás 18:00h da tarde.
Campamentos de verán
Ademais, informa o concello pontecesán que no Doga do pasado 26 de marzo saíu publicada a orde que regula a oferta de prazas xuvenís nesta Campaña de verán (campamentos de verán por Galicia ou outras comunidades autónomas nos meses de xullo e agosto).
Dirixido a rapaces e rapazas de 9 a 17 anos. Prazo de solicitude ata o 10 de abril. Máis información en www.xuventude.net ou no Concello/OMIX (omix@ponteceso.net / 981714000 ext 18).