Buscando a mellor réplica do dolmen Dombate


Un total de once empresas presentáronse ao concurso para optar á adxudicación dunha réplica a tamaño natural do Dolmen de Dombate, unha neocámara que se situará no seu centro de recepción e interpretación.
A obra consiste nunha réplica a tamaño natural que estará situada no centro de recepción e interpretación do monumento
O servizo de Patrimonio da Deputación Provincial da Coruña recibiu durante o mes de setembro as ofertas das empresas interesadas, nunha obra que conta cun orzamento inicial de 94,999,44 euros. Unha vez terminado o prazo, o organismo provincial recibiu as ofertas de once empresas. Ademais de compañías da provincia, presentáronse ao concurso empresas de toda Galicia. Tamén enviaron as súas ofertas desde Madrid, Barcelona ou Xirona.
A obra, que conta cun prazo de execución de tres meses, permitirá aos visitantes coñecer como é o dolmen por dentro. Ata agora, este tipo de visitas estaban restrinxidas debido a que as características deste monumento megalítico esixen un especial coidado de mantemento e conservación. Por iso, por agora só é posible ver o monumento desde unha pasarela circular proxectada ao redor do dolmen./p>
A partir de agora, os técnicos do departamento de Patrimonio e contratación do organismo provincial estudarán os proxectos recibidos, tras o cal reunirase unha comisión para decidir a que empresa adxudícaselle a obra. Prevese que se coñeza a decisión nun prazo aproximado de 15 días.
Novas relacionadas
- En marcha o Programa de Difusión Social do Castro das Barreiras.
- 20.000 visitantes se achegaron ao renovado Dolmen de Dombate durante o verán.
- 23-03-11: Por fin se inaugurou o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate.
- O concello de Vimianzo afeita o Castro de Barreiras e agarda o permiso de excavación.
- Recuperando o Castelo do Soberano.
- Un paso máis cara a aprobación final do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
- Un libro sobre Dombate.
- O Seminario de Estudos Comarcais reflexiona, para ben e para mal, sobre a declaración de BIC do Castro Borneiro.
Artigos relacionados
- Que pasou na Costa: Que pasou na Costa.
- Cando naceu o nome da “Costa da Morte”?.
Máis novas
- Recunchos da Costa: O Dolmen de Dombate.
- Excursión pola Ruta das Antas .
- O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte presenta un DVD da Ruta das Antas .
- 188 xacementos no Atlas arqueolóxico da comarca de Fisterra .
Fonte
- Nota de prensa da Deputación.