Martes. 19.03.2024
El tiempo

Cabana estreou, tras anos de esquecemento, o seu privilexiado albergue xuvenil

Inaugurando o albergue xuvenil de Cabana
Inaugurando o albergue xuvenil de Cabana
Cabana estreou, tras anos de esquecemento, o seu privilexiado albergue xuvenil

Levan anos desaproveitadas as instalacións do Albergue de Cabana. Un albergue que podería encher de vida o esteiro do Anllóns con campamentos de actividades acuáticas tanto en verán como noutras estacións. Un albergue que podería acoller grupos, equipos, campus… cunha ubicación privilexiada ao carón da praia do Pendón, e preto de todas as instalacións deportivas municipais.

Un albergue que poderá acoller grupos de ata 45 persoas Apenas facía falta unha partida de 70.000€ para a última reforma, facer a concesión do servizo e promover que a Xunta de Galicia mobilice as primeiras actividades, como o campamento que abrirá a campaña da Xunta de Campamentos Deportivos.

A empresa concesionaria do espazo, Alalá Terras e Sons, tivo que cargar co investimento da reforma, e a súa representante Mariluz Imia Rivera, quen sinalou que xa non quedan reservas dispoñibles para os meses de xullo e agosto. “Esta mesma tarde contamos coa recepción dunha vintena de rapazas e rapaces que desfrutarán do espazo e das instalacións de primeira man”, explicaba o pasado venres.

O propio alcalde, Jose Muíño é consciente de que “servirá para aproveitar o importante pulo do turismo deportivo xuvenil e a constitución da Costa da Morte como un destino clave en Galicia e no país”. “O albergue de Cabana será un eixo para os negocios hostaleiros da zona, xa que poderá aproveitar o importante fluxo de persoas que arrastra a rapazada e os deportes acuáticos en xeral”, engadiu.

Inauguracion Albergue de Cabana
José Muíño, Mariluz Imia Rivera e a Directora Xeral de Turismo Nava Castro

Comentarios