Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cabana, Laxe, Ponteceso e Malpica renovan conxuntamente o alumeado público

Cabana, Laxe, Ponteceso e Malpica renovan conxuntamente o alumeado público
Luces prendidas en Ponteceso- Foto- PSOE Ponteceso Os municipios de Cabana de Bergantiños, Laxe, Malpica e Ponteceso presentaron un proxecto conxunto para mellorar a calidade do subministro eléctrico e acadar un aforro económico do 60% A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, informou de que a nova convocatoria de subvencións para Iluminación Pública Exterior contempla 3,6 millóns de euros para os concellos

Os concellos de Cabana de Bergantiños, Laxe, Malpica e Ponteceso informaron á delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, o seu interese pola liña de axudas para a mellora da eficiencia enerxética do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e trasladáronlle o proxecto conxunto presentado para acollerse á nova convocatoria deste ano.

En exercicios pasados, algúns destes concellos xa recibiran axudas de xeito individual por importe de 75.000 euros para renovar a iluminación pública exterior en parte do seu territorio, se ben esta vez optarán á convocatoria de forma agrupada, co fin de mellorar a calidade do subministro eléctrico e conseguir un aforro enerxético do 60% nos respectivos municipios. Non en vano, e segundo informou Do Campo, este ano incentívanse os proxectos desenvolvidos por agrupacións ou fusións de concellos.

Estímase que coa execución destes proxectos se pode obter un aforro enerxético de máis de 3,5 millóns de kWh/ano, o que supón o consumo anual de electricidade de 1.000 familiar. Así mesmo, e como indicou Do Campo, este aforro enerxético suporá un aforro en custes que pode superar o 7,3 millóns de euros durante a vida útil dos equipos, que oscila entre os 12 e os 15 anos, ademais de evitarse a emisión á atmosfera de 2.275 toneladas de CO2 por exercicio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios