Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cabana presenta un programa cultural para abril con recursos mil

Cabana presenta un programa cultural para abril con recursos mil

O Concello de Cabana vén de presentar a programación cultural de marzo e abril, i é que "Entre marzo e abril, Recursos mil". Logo de celebraren os cativos dos Remuíños o día da auga o pasado 21 de marzo, as sesións continúan hoxe xoves 24 cos contos de Anxo Moure, que achega a súa “Ciclobiblioteca” A.C. Papaventos de fonte en fonte tralas pegadas de María Baña. Ademais, os escolares de 6º de Primaria do CPI As Revoltas disfrutan hoxe do Día da Poesía cun Percorrido en tren turístico pola parroquia de Cesullas, tamén tralas pegadas de María Baña.

Festival de Primavera

A segunte cita será o domingo, 27 marzo 2011 ás 18.00h no Auditorio Municipa. Tras un Aperitivo teatral da Escola Municipal de Teatro, disfrutarán do Concerto da Escola Municipal de Música “José María Álvarez Canto”.

Programación para abril: Cando baixe a marea... aula de ribeira

Os escolares CPI As Revoltas visitarán a Casa das Mariscadoras (depuradora, ferramentas e equipamento, visionado DVD). Tamén poderán ver ás mariscadoras na area da Ribeira, esas bravas mulleres traballadoras do Esteiro do Anllóns, para rematar cunha degustación de berberechos do Anllóns.

Comarca Natural de Bergantiños

O martes, 5 abril 2011 terá lugar a presentación ós escolares de Cabana de Bergantiños do libro de Salvador Parga Pondal, /articulo/cultura/recuperando-a-%25e2%2580%259ccomarca-natural-de-bergantinos%25e2%2580%259d-de-salvador-parga-pondal/20101018203348066361.html">Comarca natural de Bergantiños a cargo do mestre Xosé Manuel Varela Varela.

Celebración do Día Mundial do Libro
O luns 11 abril, ás 16.00h toca sesión co Río da Vida, unha xornada de convivencia entre mozos de Cabana de Bergantiños e maiores do Centro de Día.
Para o xoves, 14 abril terá lugar a Presentación do Campo de Traballo ás 12:00h, unha actividade medioambientai e etnográfica no Rego dos Muíños, dirixido a xuventude de 18 a 30 anos.

E para pechar o programa toca sesión coa Auga como lecer. Será en Semana Santa (18 e 19 de abril) – 16.00 a 19.00h e haberá Rutas guiadas en kaiak polo Esteiro do Anllóns.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Cultura, Educación e Normalización Lingüística do Concello de Cabana.

Comentarios