Comeza a campaña de trampeo contra a velutina en Cabana
Como Carballo, o Concello de Cabana arrinca esta semana a Campaña de trampeo contra a Avespa Velutina. Trata de implicar a veciñanza, e ademais de instalar 80 os dispositivos de captura no CEIP As Revoltas, parques, instalacións deportivas e demais puntos de encontro, invita á veciñanza a solicitar unha trampa e un bote de líquido repelente.
Quen queira, pode solicitalo a través da páxina web e das redes sociais municipais ata o 31 de maio. Unha vez recibidos, deberán dar conta do número de raíñas capturadas cada 15 días para poder controlar a evolución do programa. Os apicultores e apicultoras do municipio tamén poderán solicitar trampas ou repelente adicional para os seus terreos.
No caso de ter algunha dúbida na instalación ou na solicitude dos dispositivos e dos repelentes, ponse a disposición o número de teléfono 618 747 376.