Venres. 29.03.2024
El tiempo

Comeza un curso con recortes e ilusión

Comeza un curso con recortes e ilusión

Hoxe é o primeiro día de cole. Alá van milleiros de pequenos, coas súas novas (ou recicladas dos seus irmáns maiores) mochilas cargadas de ilusión. I é que comezar un novo curso supón unha morea de cousas para todos, pequenos e familiares.

Pero este curso, ademais de ilusión, chega cargado de recortes. E senón que llo digan á meirande parte dos centros educativos da bisbarra, que sofren as novas medidas da Xunta en materia de "aforro". É dicir, que os coles da zona teñen este ano unha media de 2-3 profesores menos que o curso pasado, como acontece en Malpica ou en Corme, por poñer dous de tantos exemplos. O problema é o de sempre, o perxudicado sempre é o alumno e a educación.

Animamos aos mestres das escolas e institutos da bisbarra que nos envíen as súas impresións sobre a situación neste novo curso. Estamos agardándoas en [email protected] ou a través do noso Facebook.

Un comezo de festa

Sen embargo hai onde comezan o curso cunha festa, como na Casa dos Títeres de Cabana de Bergantiños. O pasado venres, 27 nenos e nenas (de Cabana, Ponteceso, Laxe e mesmo Vimianzo) acompañados por seus pais, irmáis e avós acodiron á festa de apertura do curso da Escola Infantil Municipal de Cabana de Bergantiños comezou o seu novo curso cunha festa titiriteira, que xa sabemos que leva como nome A Casa dos Títeres en honra ó título dunha obra da súa madriña, a cubana-galega Anisia Miranda.

Segundo nos contan dende Cabana, o ano promete ser altamente divertido na Casa dos Títeres xa que ademais de xogos didácticos poderán degustar o amplo e variado abano de menús de tempada que lles prepara a cociñeira Marina Beizana. Os asistentes poden realizar nesta escola catro comidas ó día: almorzo, media mañá, xantar e merenda.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa e foto do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabana.

Comentarios