Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Como afecta a nova Lei de Espectáculos Públicos ás verbenas populares?

Como afecta a nova Lei de Espectáculos Públicos ás verbenas populares?
Imaxe dunha Verbena nas Festas da Barca de Muxía Onte, luns 2 de xullo, entrou en vigor a Lei 10/2017, de 27 de decembro, de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas. Unha lei que se coñece xa como a Lei de festas, pero que é moi ampla, e que está pasando desapercibida para moitos sectores, pero que pode significar un auténtico terremoto na sociedade galega. De cumprirse claro, porque falamos doutra lei imposible de respectar ao 100%, como a famosa Lei de Protección de Datos. Apenas o Concello de Santa Comba organizou unha charla informativa dun asunto tan crucial coma este, que pode provocar o peche (ou unha importante multa) de todas as festas do país, así como de calquera representación cultural, evento deportivo, mitin político, concertos en bares ou mesmo ás vodas, bautizos e comunións. Pois falamos de que afecta a todo tipo de actividades públicas (e en casos tamén privadas).  Absolutamente todo está afectado por esta nova normativa, salvo manifestacións e os actos privados ou familiares que se realicen en establecementos que non estén abertos ao público. Pero si aínda así, o acto privado ou familiar, en instalación privada ou familiar con acceso restrinxido está previsto que conte con "estructuras móviles eventuales ou desmontables" estará sometido a licencia. Por elo, incluso pode afectar a actos familiares privados como determinadas bodas, actos sociais, empresariais ou similares. Todo evento que signifique unha congregación, de xente deberá adecuarse á nova Lei, que modifica (e reforza) a Lei do Emprendemento que tanta polémica trouxo no seu día e da que dicían que tampouco se podía aplicar ao cen por cen. Iremos analizando, como pode afectar a lei aos nosos eventos, centrando hoxe a información para as Comisións de Festas, baseándonos nas conclusións da charla levada a cabo en Santa Comba o pasado mércores 27 de xuño, onde técnicos municipais trasladaron os organizadores as interpretacións realizadas pola Xunta de Galicia nas diferentes sesións formativas que se levaron a cabo. De feito a charla comenzou con certo retraso, dado que un funcionario municipal e o Xefe da Policía Local viñan de asistir na Delegación Territorial da Xunta de Galicia a uha xuntanza, coa intervención de Luís Menor Pérez, Director de Emerxencias e Interior, Ana Purificación Otero Ferreiro, Subdirectora xeral de xogos e espectáculos Públicos, e o propio Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro.  

Competencia municipal en case todo.

A normativa dalle os concellos unhas competencias moi amplias coas que non contaba ata o momento, e sobre todo unha ampla responsabilidade sobre o control, autorización e sancións das actividades, e os establecementos donde se desenvolvan as mesmas, incluída a potestade sobre a ampliación de horarios, que ata o de agora estaba baixo a responsabilidade do goberno autonómico (con informe municipal xustificativo favorable). Entre esas potestades de control está a de recibir e comprobar as declaracións responsables, así como outorgar as licenzas que correspondan en relación, tanto os propios espectáculos públicos, como a apertura de establecementos. A adoptar todas as medidas de control, vixiancia e inspección que sexan necesarias para o desenvolvemento ordenado dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, incluídas prohibición, suspensión, clausura, expedientes sancionadores ou medidas cautelares. Deste xeito, os Concellos tamén terán potestade de veto ata o último segundo “se considera que a seguridade non está garantida”. Un perigo, en todo caso, para a celebración de moitas actividades de organizadores pouco afíns ao alcalde de turno, que poderá prohibirche a festa no último segundo.

Responsabilidade conxunta do Concello, promotor e do propietario da instalación.

É un dos cambios máis importantes e significativos. A responsabilidade será conxunta entre os tres de forma solidaria. Ata o de agora dábase por feito, e de sentido común, a responsabilidade do promotor, que é quen organiza, e do concello que é quen autoriza. Pero a partir de agora, os propietarios das instalacións  terán que ter moi en contan que, aínda que non sexan os promotores da actividade, e só se limiten a ceder as instalacións da súa propiedade ou xestión, terán as mesmas responsabilidades que os promotores, aínda que sexa unha leira donde se fai unha festa. A normativa é clara ao respecto e non deixa lugar a dúbidas, “cando o organizador da actividade ou espectáculo sexa distinto ao titular do establecemento público en que se desenvolve, responderán ambos dous solidariamente do cumprimento das obrigas establecidas no punto 2. (artigo 23.3). Ese punto dous é o que se refiere a temas tan importantes, entre outros, como controis técnicos obrigatorios en seguridade, hixiene ou salubridade, específicas de declaración responsable, autorizacións, vixianza, control de accesos, respecto a capacidade máxima do local e venta de entradas en exceso, etc. Polo tanto, cando se tramite unha solicitude para organizar unha actividade, será requisito obrigatorio que o promotor aporte o permiso do propietario da instalación. Esta é unha cuestión moi importante no caso das festas e verbenas que se celebran en prados e leiras particulares, campos da festa propiedade da igrexa, ou dos circos. Porque os propietarios das instalacións, non só deberán aportar a autorización conforme ceden a súa propiedade, por medio da cal, convirtense automáticamente en responsables solidarios, senón que, tamén teñen que contar cun seguro da instalación. Este é un condicionante moi importante para algunas festas de gran arraigo, que dependen de instalacións de titularidade privada, como por exemplo Santa Margarita de Muiño (creo que tamén patronais de Baio, Serantes en Laxe, Carballeira de Zas), e que de bo seguro, os propietarios non aceptarán a cesión desinteresada dos seus terreos ao ter que asumir tal responsabilidade. Pódense facer actividades, espectáculos públicos e actividades recreativas case en calquera lugar sin excepción E con carácter xeral, só estarán sometidas ao réxime de declaración responsable, sen ser necesaria sequera unha autorización ou licencia específica posterior e súa comunicación ao interesado. Aínda que, hai que ter en conta varios aspectos claves, casos específicos, porque a declaración responsable por si soa non serve, xa que leva consigo unhas responsabilidades e a obligatoriedade de contar cunha documentación complementaria. Aínda que o longo das próximas datas iremos falando de como afecta a normativa a diferentes sectores e actividades, hoxe centrarémonos nas verbenas populares.

Documentación para as Verbenas populares: Ata 7 seguros

O organizador, ben sexa un promotor ou comisión de festas deberá, por medio da propia lei 10/2017, rexistrarse no concello con todos os datos de legalidade, presentar Declaración Responsable, contar con seguro da actividade, presentar exemplar da publicidade con identificación do organizador (Nome, domicilio, teléfono, email) e unha relación (relación, non documentación, que será cuestión dos propietarios), das estructuras móbiles, eventuais ou desmontables (incluídas tabernas, baños químicos, carpas, cenadores, pequenos toldos ou similares ou pequenos telderetes de artesanía e marroquinería). Esta obligación ben seguro que causará certos problemas cos pequenos telderetes de marroquinería ou artesanía, pero a normativa non fai excepcións, e si acudimos a outras complementarias, son muy claras respecto a normativas CE, especialmente nas realizadas con aceiro e aluminio Por medio de normativa sectorial, o organizador tamén deberá presentar permiso da SGAE-Sociedad General de Autores de España. Respecto a este permiso, continúa a polémica dos últimos anos, xa que normativa non o cita específicamente polo seu nome, senón que remite os necesarios de propiedade intelectual, así hai concellos que o piden e outros que non, incluso quen considera que é necesario e obrigatorio e quen di que non é necesario. Si a festa non se fai en lugar público propiedade do concello, haberá que presentar unha autorización do propietario da instalación co seguro correspondente, tanto si é unha leira particular, como un atrio ou campo da festa propiedade da igrexia. Recordar que o propietario da instalación será corresponsable de calquera cousa que suceda na festa, igual que o concello e o organizador. Esta situación tamén deberán tela en conta, as festas que se fagan en dominio de Portos de Galicia, e os condicionantes que este organismo esixa (ata 35 días de antelación está esixindo Portos). Os propietarios de todas e cada unha das estructuras móviles, enventuales ou desmontables, serán os responsables de presentar no concello de forma directa unha declaración responsable de cada un delas acompañada de dossier técnico en base a normativa específica CE, seguro de responsabilidade civil con recibo de aboamento e certificación de conexións eléctricas de baixa tensión. Si a estructura móvil, enventual ou desmontable é sobre un vehículo, deberá ter asimismo itv en vigor. No caso de disparos pirotécnicos, igual que ata o de agora, todo o necesario por medio da normativa sectorial con todas as acreditacións técnicas da empresa, dos profesionais e os seguros, que este ano se prevé un control máis riguroso polo sucedido en Tui. Deberá terse en conta que, dos seguros quedan excluidos de cobertura “os danos e perdas sufridos polas persoas que, directa ou indirectamente, dependan empresarialmente das persoas titulares ou das persoas organizadoras, que deben dispor dun contrato de seguro específico”, e “os danos que sufran os bens destinados ao uso do establecemento aberto ao público ou ao desenvolvemento do espectáculo público ou actividade recreativa”. Polo tanto os membros das comisión de festas que traballen na organización deberán ter un seguro específico, así como todos aqueles que traballen “na cantina da comisión”, cantina que tamén deberá contar con documentación técnica en base a normativa e seguro. Ao longo de próximas datas profundizaremos máis no tema dos seguros, xa que dependendo dalgunhas actividades poden facer falta acreditacións de ata sete seguros distintos.

Horarios

Non, non é real a lenda do "durante as festas patronais, ou datas especiais hai horario libre". Existe un horario de peche para as festas e verbenas, e de feito, non varía con esta lei. As verbenas seguirán tendo que baixar o telón ás 3:30h (si, é corrrecto), con media hora máis os xoves, venres, sábados, domingos, festivos e víspera de festivo. Significará isto que as festas se van seguir celebrando cun incumprimento sistemático dos horarios? Mágoa desaproveitar esta ocasión para facer legal unha realidade, pois de todos é sabido que non soen rematar nunca antes das 5:00-5:30 da madrugada. Iso, si, agora son os Concellos (antes a competencia era da Xunta), a que pode permitir a ampliación do horario, como máximo, ata as 5:00h. De tódolos xeitos, esta competencia, de momento, non se van a aplicar, á espera de que, a Xunta de Galicia indique os motivos e as condicións específicas polas cales se poderán ampliar os horarios. Chama pois a atención ver mesmo cartelería de festas con aquel "Festa rachada ata as 9:00h da mañá". En todo caso, a normativa levará aparellado a modificación e desenvolvemento doutras normativas paralelas, que se están desenvolvendo ou se van a desenvolver próximamente. De feito unha delas é a de instalacións eléctricas de baixa tensión, que xa está en vigor. A seguinte será a de horarios, que presumiblemente ademais de cambios nos horarios de peche afectará tamén o catálogo de locais.

A cartelería

Á cartelería das festas da Costa da Morte habería que dedicar un libro. Pero hoxe recollemos as novas normas que deben cumplir comisións e imprentas. "Toda a publicidade deberá contar cunha información mínima regulada por lei, na que se inclúe a perfecta identificación dos organizadores con datos, entre outros como, teléfono, mail ou domicilio, dos organizadores".  Ademais, si se cobra entrada, estas deberán contar co prezo, así como os datos de contacto do club organizador. Outro dos artigos, indica que os profesionais das artes gráficas teñen a obriga de levar un control dos datos identificativos das empresas contratantes da publicidade, e poñelo a disposición da administración cando llos requiran. Un xeito de obrigalos a exercer, de certo modo, de policías e vixiantes dos promotores para facilitarlle datos e información dos mesmos a administración, con toda probabilidade, a efectos sancionador. Fonte
  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Información Lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas, e aclaracións de diferentes técnicos ao respecto.
 

Comentarios