Setenta anos da chegada de don Cipriano Reiriz de Dios (1902-1983) a Valenza, Coristanco: o crego que fixo progresar o rural.

Neste ano 2025 celébranse os setenta anos que o culto, traballador e erudito sacerdote don Cipriano Reiriz de Dios chegou ás parroquias de San Pedro de Valenza, Santa María de Cereo e Santo Hadrián de Verdes, en Coristanco. Don Cipriano levou a cabo moitos proxectos nestas freguesías, poñendo incluso á disposición dos demais a súa propia persoa, mesmo para chamar as vacas mentres se construía unha pista veciñal. Sen embargo, seguramente moitos dos nosos lectores descoñecen que este crego tiña o título de doutor en Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma, cidade na que residiu, estudou e foi ordenado presbítero. Pese a contar con estes prestixiosos títulos académicos, así como de ser amigo do cardeal Quiroga, nunca pretendeu grandes honores, senón que en toda a súa vida sacerdotal estivo ao servizo das parroquias máis humildes, dos labregos e campesiños que as conformaban.
Cipriano Reiriz naceu en San Paio de Carreira, no actual concello de Ribeira, o día catorce de novembro de 1902; foi confirmado, como era costume naquel tempo, o 3 de outubro de 1903. Velaquí a transcrición literal da súa partida bautismal (folio 28):
En la iglesia parroquial de San Pelayo de Carreira, distrito municipal de Riveira, provincia de La Coruña, arzobispado de Compostela, en la tarde del día quince de noviembre de mil novecientos dos, yo, el licenciado don Felipe Augusto Rivera Romero, cura párroco de la misma y arcipreste de Postmarcos de Abajo, bauticé solemnemente, puse los Santos Óleos y el nombre de Cipriano a un niño que nació en el lugar de Vilar a la una de la mañana del día de ayer. Es hijo legítimo de Gabriel Reiriz Paz y de su mujer María Manuela de Dios Bretal. Es nieto por línea paterna de Matías Reiriz de Dios y de Bernarda Paz Martínez, difuntos; y por la materna de José Ramón de Dios Prego y de Lorenza Bretal Rego, todos oriundos y vecinos de esta parroquia, oficio de labradores. Fueron padrinos José Crujeiras de Dios y Carmen Reiriz de Dios, de esta vecindad, a quienes exhorté y advertí lo prevenido. Y para que conste lo firmo.
Na súa nenez mostrou unha inclinación ao estado sacerdotal, entrando pronto no seminario de Santiago. Nos seus anos de seminarista destacou por unha carreira brillante, cun currículum moi sobresaínte. Se consultamos a hemeroteca, podemos apuntar algúns fitos na súa vida académica: En 1921, accésit en Latín (El Ideal Gallego, 1 de outubro de 1921); en 1922 levou a categoría de accésit en Aritmética e Álxebra (El Compostelano, 30 de setembro de 1922). En 1924 recibiu o premio en Ética, Física e Química e Historia Natural (El Compostelano, 14 de xuño de 1924).
Na mesma noticia dáse conta de que o seminarista de Anxeriz Jesús García Gómez, futuro párroco de Rus, levou o accésit en Física e Química. Os seus superiores dan conta -nos informes relativos á recepción dalgunha das ordes sagradas- da estima que lle profesaban a Cipriano; o reitor daquel tempo, don Fernando Rodríguez, escribiu de Reiriz: “Alumno modelo de este Seminario, por su relevante comportamiento, virtud y aplicación, con brillantes calificaciones en su hoja de estudios”. As boas notas no seu expediente motivaron que recibise unha beca para ir a completar a súa formación en Roma. Antes de partir á Cidade Eterna, como seminarista compostelán, acudía de vacacións a Carreira xunto coa súa familia -que era labrega-, axudando nas tarefas do fogar e asistindo ao seu párroco nas funcións relixiosas da freguesía. O crego de Carreira, don Manuel Vázquez, enviou un informe moi favorable sobre Reiriz o 30 de xaneiro de 1926: “Ha observador siempre buena e intachable conducta y en todas las vacaciones se ha conducido de modo ejemplar digno de quién se prepara para el sacerdocio”.
Recibiu a prima clerical tonsura o 27 de febreiro de 1926. Nunha carta do 7 de abril de 1928 relataba que era alumno do Colexio Español de Roma, matriculado na Universidade Gregoriana. Nesta misiva solicitaba á curia compostelá os permisos necesarios para recibir as ordes maiores: subdiaconado, diaconado e presbiterado, xa que ía a ordenalo o cardeal-vicario do Papa. Dentro do seu expediente atopamos a autenticación de todas as ordes recibidas, firmado e selado polo cardeal Pompilj. Foi ordenado presbítero o 29 de xullo de 1928.
Xa de volta en Compostela, Reiriz de Dios foi coadxutor da parroquia de Salomé; logo párroco de San Miguel de Brandariz e Santo Tomé de Obre (El Compostelano, 20 de xaneiro de 1931). Sen embargo, os lugares onde don Cipriano levou a cabo a súa labor apostólica e pastoral foron San Pedro de Bugallido e San Pedro de Valenza. Tanto nun destino como outro procurou o desenvolvemento e o progreso das distintas aldeas; para Reiriz o progreso do pobo apoiábase en varios piares: vivir a fe no seo da Igrexa (labor catequética, asistencia sacramental ós fieis), promover o estudo e a educación dende cativos (creación dunha preceptoría) e o benestar social dos seus fregueses (creación de pistas, traída de augas, fundación dunha cooperativa e banco agrario, etc.). No ano 1954, don Cipriano Reiriz foi promovido para a parroquia de Valenza, deixando atrás Bugallido, da que tomaría posesión ao ano seguinte.
Con motivo da súa partida un dos seus alumnos, Donato Vázquez Mareque, que pasou logo a vivir a Coristanco e a acompañar como organista e cantor as funcións relixiosas da contorna, publicou un fermoso artigo no diario La Noche (3 de novembro de 1954), que é o mellor testemuño que podemos aportar sobre a figura de Reiriz de Dios. O artigo titúlase “La extraordinaria labor social del Cura de Bugallido. Fundó la Cooperativa y la Caja Rural. Educó a la juventud y organizó la explanación de los caminos”; presentamos a continuación uns extractos deste:
Corre de boca en boca como riego de pólvora la triste realidad que pesa actualmente sobre todos los habitantes de San Pedro de Bugallido. El Dr. Reiriz de Dios, que durante catorce años ha sido nuestro pastor de almas, fue elegido párroco de San Pedro de Valencia, en donde con la venia del Altísimo seguirá cumpliendo su magna misión sacerdotal. Su paso por Bugallido será eternamente recordado (…) donde no cesó de trabajar luchando por atraer a todos los hombres al seno de la Iglesia Católica, sino también por el progreso cultural y el bienestar social de su pueblo. Una de las manifestaciones de su sólida virtud y de su celo apostólico fue la puntualidad y exactitud con que acudió y cumplió siempre los deberes parroquiales, hasta el punto se ser la admiración no solo de sus feligreses, sino también de los demás sacerdotes (…). No satisfecho el Sr. Reiriz en cumplir con su ministerio, quiso hacer más por Bugallido. Siendo como es amante del progreso y al ver que los Sres. Maestros nacionales carecían de vivienda, él, toma la iniciativa y exhortando a sus feligreses consigue el apoyo y la ayuda de estos, e inmediatamente dan comienzo las obras (…). Pero el espíritu incansable y luchador del Sr. Reiriz no cesó con eso, sino que hizo mucho más por el progreso parroquial. En su misma casa y con su piano creó un coro de niño que hoy recibe el nombre de “Schola Cantorum de Bugallido”, famosa en toda la comarca. Son muchísimos los alumnos que envió al Seminario Conciliar (…). Todo esto lo hizo gratuitamente y por amor social (…). El incansable propulsor y promotor de todas nuestras obras vio la necesidad apremiante en que se hallaban los labradores de Bugallido. Estos, careciendo de las distintas clases de abonos químicos no podían alimentar debidamente sus tierras para que la fertilidad aumentase y rindiesen los campos el fruto deseado. Pues para mejorar la agricultura y en favor del labrador, el Dr. Reiriz de Dios creó la “Cooperativa”. Obra grandiosa, importante, pero incompleta: faltaba algo todavía por hacer, pues ¿quién solucionaría la cuestión pecuniaria devengada por la Cooperativa mediante la adquisición de existencias? (…) Ante la presencia del Sr. Inspector, el señor Reiriz y todos sus feligreses queda fundada la que podemos llamar la “Columna vertebral de la Cooperativa”, queda instituida la ansiada “Caja Rural de Bugallido”: el banco del labrador y para el labrador. (…) El poeta que es gran admirador de todo el progreso de Bugallido, sigue cantando…Como el valiente en las guerras/que lucha sin descansar/así en las carreteras/todos debéis trabajar. Estos versos van dirigidos a todo el pueblo de Bugallido, que se propuso hacer carreteras a todos sus lugares. ¿De quién partió la genial idea? Del que venció todas las dificultades, del que anuló todos los obstáculos, de don Cipriano Reiriz de Dios, que con su enérgica palabra supo convencer y mover a todos los hombres sin desmayar ni desfallecer en el roce y el choque, continuos e inevitables, con la incomprensión y rudeza de ciertas gentes, que al fin terminaron por secundar sus planes. (…) El Buen Pastor dio su vida por sus ovejas, el señor Reiriz por sus feligreses dio todo, todo menos la vida, aunque no dudamos que la ofrecería gustoso si llegase el caso.
En Valenza, como en Bugallido, creou unha Cooperativa Agraria, modernizando o traballo no agro coa introdución de fertilizantes e de maquinaria; creou pistas para comunicar as estradas xerais coas aldeas máis remotas, promoveu a posta en marcha da electrificación das casas, reconstruíu a igrexa de Verdes á súa chegada... O doutor Reiriz de Dios faleceu no ano 1983, sumido nas máis grande miseria, pero deixando atrás unha labor sobresaínte humana e apostólica. Testemuña disto é a boa cantidade de vocacións das súas parroquias. Cunha simple busca na internet, podemos ler na hemeroteca unhas cantas noticias con motivo das homenaxes póstumas que se lle tributaron; todos os contidos coinciden no mesmo: un home de fe, de progreso e que, pese a súas capacidades intelectuais, nunca se separou da vida labrega, de onde saíra un día para ser sacerdote de Cristo.
Máis artigos de Luís Bermúdez
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través da visita pastoral de 1817
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través das visitas pastorais dos séculos XVII e XVIII
- Milagres da Virxe de Pastoriza nas comarcas de Bergantiños e Soneira
- Santos e marcos: a discusión entre san Xián e santa Baia polo lugar de Lume da Cova
- A pirotecnia e as festas de Bergantiños no pasado
- A supresión e anexión das parroquias de San Xusto e Verdes
- Os toques das campás en Bergantiños e o contrato das campás de Oza, Xaviña e Lemaio
- As capelanías existentes en Bergantiños a mediados do século XVIII
- O preito de Santa Minia de Seavia (1870)
- Algunhas sepulturas históricas nas igrexas da zona de Bergantiños
- Don Nicolás Varela Díaz: un fillo ilustre da comarca de Bergantiños
- A devoción a san Antonio de Padua na parroquia de Agualada
- A Virxe da Saleta de Silván: avogosa e protectora das patacas de Coristanco
- A capela das Salgueiras, en Coristanco: de ermida particular a templo veciñal
- A devoción a san Roque na comarca de Bergantiños