Luns. 29.04.2024
El tiempo

Promoven a restauración da Ponte Vella no itinerario da Vía Céltica entre Vimianzo e Muxía

Via Celtica na Ponte vella
Promoven a restauración da Ponte Vella no itinerario da Vía Céltica entre Vimianzo e Muxía

Este martes, unha expedición institucional visitaba os restos da Ponte Vella sobre o Río Castro no límite entre os Concellos de Vimianzo e Muxía. Promovida pola asociación Costavales, a promotora da Vía Céltica, a comitiva dirixida por Manuel Amigo, esana formada polo Deputado Provincial de Patrimonio Xosé Luis Penas Corral, a Alcaldesa de Vimianzo Mónica Rodriguez Ordoñez, o Alcalde de Muxía, Iago Toba, os concelleiros, Miguel Angel Pérez Méndez e Benxamín Queiro de Vimianzo, e Javier Romar Alvarellos e Olalla Benlloch Lema de Muxía, ademais de David Sixto, do BNG de Santa Comba.

O motivo de esta visita foi verificar in situ o estado de conservación desta ponte para formular un posible proxecto de restauración. Dende Costavales inciden na importancia desta ponte de posible orixe medieval, como punto clave no itinerario da Vía Celtica dende os portos da Ria de Camariñas, como quedou demostrada ao ser das poucas pontes que aparecen na Carta Xeométrica de Galicia do ano 1834 co nome de Ponte Vella.

Máis novas

Comentarios