Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Galicia berrou contra a megaminería

Galicia berrou contra a megaminería
Unha-chea-praza-da-Quintana-de-Santiago-berrou-contra-a-minaria

Varios milleiros de persoas tomaron este mediodía as rúas de Compostela. Os cidadáns protestaron contra as reformas legais impulsadas pola Xunta que, na opinión dos convocantes, faculta a "megaminería salvaxe". A manifestación foi un éxito de asistencia, pois conseguiu encher a Praza da Quintana.

"Galicia non é unha mina. Defende a terra, defende a vida" foi o lema da manifestación que logrou ateigar as rúas de Santiago Compostela no mediodía do domingo. Os convocantes alertan que hai máis de 500 explotacións mineiras en estudo e culpan ao PP desta situación. Vídeo no interior.

A Plataforma ContraMINAacción alerta que o Goberno Galego ten en marcha proxectos para a apertura de até 520 explotacións mineiras. A mina a ceo aberto para sacar ouro en Corcoesto e a explotación de fesdelpato na Limia son só os dous proxectos máis coñecidos, por estar máis avanzado a súa tramitación. Pero tamén están os proxectos de O Galiñeiro, Castrelo de Miño, Xinzo, Cartelle, A Terra Chá, O Iribio, Santa Comba, Zas, Pinzás, A Penouta... son os nomes das ameazas, en proxecto ou reais, que mañán poderían transformarse en catástrofes como Aznalcóllar e Baía Mare (Romenia).

A Plataforma, que aglutina a colectivos cidadáns de afectados, ecoloxistas e outras organizacións do rural, culpa ao PP da ofensiva mineira que sufre o país. Nas súas reivindicacións hoxe contaron co apoio de deputados de PSdeG, AGE e BNG.

Boa parte das plataformas están dacordo cas palabras de ADEGA, que considera clave o papel da Unión Europea a favor do capitalismo esaxerado e da especulación, que "fomenta que grandes empresas transnacionais, coa cooperación necesaria e cómplice do PP, apliquen tamén o seu modelo neo-colonial de explotación e apropiación dos nosos recursos naturais".

Manifestación contra a megaminería from Brais Romero on Vimeo.

A praza da Quintana contra a megamineria-Foto- Victor de Mira Non a megamineria en Galicia-Foto- Victor de Mira Premisas ante minaria-Foto-Victor de Mira

Concerto en Carballo

Concerto contra a mina en Carballo-Foto- Victor de Mira

E a manifestación tivo como preluido o concerto do pasado venres en Carballo. Un concerto cheo de personalidades, como a mítica banda de rock "Zënzar", que ten unha longa historia enriba chea de loitas, como a das Encrobas.
Subiron ao escenario outros voceiros da nova cultura galega como "Sés" e "Leo e Arremacaghoná", e a que berrou máis alto foi a poeta local Rosalía Fernández Rial.

Sés e o Leo e máis Rosalía Fernández no concerto anti mina de Carballo

Para máis información e asinar a petición

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios