Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os tractores tamén din non á mina

Os tractores tamén din non á mina
Tractorada contra a mina de ouro de Corcoesto- Foto- Jose Manuel Ojen

Nova demostración, a pé de rúa, de que boa parte da veciñanza da Costa da Morte non está dacordo co proxecto da mina de ouro de Corcoesto. Se o pasado mes de febreiro foron un milleiro de persoas as que secundaron o simbóico Enterro de Coristanco en pleno entroido, este domingo 7 de abril de 2013 foron máis de 100 coches, e unha vintena de tractores, os que berraron "Non á mina".

A concentración partía de Laxe ás 11 da mañá, e de aí, os tractores en marca cara Cabana. Foi arredor do mediodía e diante do Concello cabanés, un dos focos de apoio máis importantes do proxecto, cando tivo lugar a meirande concentración. Xentes da zona, agricultores e gandeiros, e representantes de entidades de todas as ideoloxías escoitaron o manifesto, escrito polo carballés Xurxo Borrazás que leron tres veciños de Laxe, Cereo e Corcoesto. Un manifesto que volveu a traer a figura desa "pantasma que percorre as terras de Pondal, os vales de Bergantiños, as revoltas do Anllóns, o Monte Branco, Dombate... Esa pantasma que ten alento de cianuro e chámase Edgewater, empresa canadiense que vén a Galicia non a construír senón a destruír"...

Os cánticos, en ambiente festivo e sen incidente algún, sudecéronse ata a hora de xantar con varios denominadores comúns: a mina e o PP.
E todo, unhas horas despois de que a Xunta emitise a través do seu Twitter un curioso comunicado no que indicaba: "En relación á mina de Corcoesto, a Xunta quere aclarar que esa mina NON está aínda autorizada e que polo momento só ten favorable a Declaración de Impacto Ambiental".

Apoios de todas as ideoloxías

Desta volta ademais a convocatoria da Plataforma en Defensa de Corcoesto conseguiu numerosos apoios de entidades dispares, como o BNG, AGE, Compromiso por Galicia, Galiza Nova, Partido da Terra e Espazo Ecosocialista no espectro político, ou o sindicato FRUGA, Sindicato Labrego Galego, Confederación Intersindical Galega, UC de Ferrol de CC.OO..., así como entidades conservacionistas de todo o país, como a propia Salvemos Cabana, Adega, Verdegaia, rede Galiza Non se Vende, Senda Nova, Foro Social de Cangas, Instituto de Estudios Bergantiñáns, AA.VV. de Cereo, Contramínate de Laxe...

Argumentos hai para todo tipo, como que a granxa máis grande de Galicia, a de Devesa de Longueirón, bebe das augas da zona que poderían rematar contaminadas, segundo denuncia Salvemos Cabana; como que se ten feito un fraude coa denominación de "proxecto estratéxico" como sinalaba Beiras, ou denunciando a "actitude irresponsable de Feijoo", como avisa Vence.

Máis acións

Continúa a loita e as plataformas xa teñen convocaada unha manifestación para o vindeiro domingo 14 en Carballo.

Tractorada contra a mina de ouro de Corcoesto- Foto- Jose Manuel Ojen Tractorada contra a mina de ouro de Corcoesto- Foto- Jose Manuel Ojen Tractorada contra a mina de ouro de Corcoesto- Foto- Jose Manuel Ojén Tractorada contra a mina de ouro de Corcoesto- Foto- Jose Manuel Ojén Tractorada contra a mina de ouro de Corcoesto- Foto- Jose Manuel Ojén Tractorada contra a mina de ouro de Corcoesto- Foto- Jose Manuel Ojén Tractorada contra a mina de ouro de Corcoesto- Foto- Jose Manuel Ojén

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios