Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Denuncian unha sospeitosa serie de incendios provocados nos montes de Corcoesto

Denuncian unha sospeitosa serie de incendios provocados nos montes de Corcoesto
Montes de Corcoesto-Foto-Salvemos Cabana

Seguen os montes de Corcoesto, en Cabana, no punto de mira. O novo proxecto de xeración de biocombustible a partir da plantación da pataca doce provoca xa unha nova controverxia na comarca de Bergantiños.

Os primeiros que saltan á palestra son os membros da Asociación Petón do Lobo, que denuncia unha serie de incendios provocados nos montes da parroquia de Corcoesto, e que afectaron en particular as masas forestais da Costa de Bello, que xa quedou arrasada.

Por iso, a entidade vén de solicitarlle ao Subdelegado do Goberno na provincia maior presencia policial das patrullas da Garda Civil nas pistas forestais dos montes de Corcoesto, centrando a súa vixilancia nas pistas forestais que conducen aos montes de Lourido, Baralláns, Cova Crea, Pozo do Inglés, Cudeiro, Petón do Lobo, Canles, Santa Mariña, Lourido de Abaixo, Picotos e a Lamprieira. Piden tamén que identifiquen ás persoas que vaian por estas zonas cuxa conduta, presencia ou actuación puidera resultar sospeitosa. E solicitan un maior apoio da Policía Local de Cabana.

Patrullas veciñais

Ademais, pronostican que “os incendios continúen en dirección ao lugar de Baralláns ou ben ao lugar de Lourido”, esta entidade tamén ven de organizar no día de hoxe, patrullas veciñais de observación, cun fin evidentemente disuasorio, que comezaron a funcionar a pasada tarde, e que consisten en 4 grupos de persoas perfectamente coñecedoras da zona, que transitarán a pé os montes da parroquia. Na noite de hoxe outro grupo nocturno de persoas sumarase ao anterior.

Así, anima a todo o mundo e informa ás persoas que queiran colaborar como voluntarios nestas tarefas disuasorias e de prevención que poden contactar no teléfono da entidade 689532863 ou ben enviando un e-mail a: [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios