Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Deputación e Concello renovan o convenio para manter vivo o Dolmen de Dombate

Visitando DOmbate durante o obradoiro de xoeiria
Unha visita a Dombate en 2019
Deputación e Concello renovan o convenio para manter vivo o Dolmen de Dombate

Ao tempo que avanza, por fin, o Parque do Megalitismo da Costa da Morte, o seu buque insignia, o Dolmen de Dombate, segue o seu camiño cheo de actividades. Así o asinaron nun convenio esta pasada semana o Concello de Cabana coa Deputación da Coruña, a través do cal continúa a colaboración para manter viva a catedral do megalitismo da Coruña.

A Deputación financia con 60.000 euros as actividades e o servizo de atención a visitantes do dolmen, continuando coa xestión realizada nos últimos anos. Haberá visitas guiadas, visitas escolares, obradoiros de prehistoria dirixidos á rapazada, encontros teatralizados, xornadas, charlas, presentacións, rutascicloturísticas ou noites de observación de estrelas, entre outras.

Novas relacionadas

Comentarios