Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Detido un veciño de Muxía por un roubo con violencia na estación de servizo de Nantón

Detido un veciño de Muxía por un roubo con violencia na estación de servizo de Nantón
Estacion de Servizo de Nanton-Cabana Axentes da Garda Civil do Área de Investigación de Carballo detiveron onte a un veciño de Muxía de 41 anos, como suposto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación. Os feitos ocorreron o pasado día 15 nunha estación de servizo do Nantón- Cabana de Bergantiños, cando o agora detido, xunto con outro individuo, ameazou á dependenta da estación de servizo cun arma branca e subtraeulle 650 euros en efectivo, dándose posteriormente á fuga nunha motocicleta que conducía o seu acompañante. Os axentes continúan coa investigación para tratar de localizar ao acompañante e non se descarta a súa detención nas próximas horas. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución de Garda de Carballo.

Fonte

Comentarios