![Militantes e simpatizantes do PP mantiveron un encontro onte en Carballo con Diego Calvo]()
Militantes e simpatizantes do PP mantiveron un encontro onte en Carballo con Diego Calvo
Diego Calvo - presidente do Partido Popular na provincia da Coruña - e
Evaristo Ben - secretario da organización territorial - mantiveron na tarde de onte unha reunión comarcal cos alcaldes, portavoces, afiliados e militantes do partido nos concellos de Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Cabana, Ponteceso e Malpica.
Este foi o sétimo e
ncontro aberto a todos os afíns ao partido que prometeu no seu día Calvo e que, segundo indicou, se repetirá en distintos puntos da provincia durante os vindeiros días.
A principios do mes de abril xa mantivera o encontro cos afíns de Soneira.
O presidente do PP aproveitou a reunión para incidir na "importancia de recuperar ao votante que se decantou no 2011 polo PP e que na eleccións do 20D elixiu outro partido ou abstúvose". Asemade, o líder dos populares na Coruña, sinalaou durante a reunión que a súa formación "é o unico partido que di o mesmo en campaña e unha vez que se coñecen os resultados das votacións, algo que, por desgracia, hoxe é unha excepción na nosa democracia".
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- PP