mércores. 07.05.2025
El tiempo

Disfruta do verán aprendendo inglés!

Disfruta do verán aprendendo inglés!
Fantástica a proposta do EnglishFest Experience Costa da Morte

Mes de verán, e que mellor que un bo campamento para mandar aos nosos pequenos, onde ademais de xogar, divertirse e aprender, podemos mantelos ocupados unhas boas horas ao día. E se ademais aprenden inglés, o marco perfecto.

Esa é a idea que prantexou o ano pasado Nieves Eiroa, da Libraría Ensino da Carballa. Quería armar un campamento nun lugar idílico como Cabana de Bergantiños, e o ano pasado tivo un éxito fantástico, con máis de 50 nenos entre Cabana e Carballo, dos que a meirande parte repiten este curso. Son cativos de Malpica, Laxe, Ponteceso, Zas, VImianzo… De toda a bisbarra.
En todo caso, hai espazo para todos, e para moitos máis, pois o campamento é o doble de grande que o ano pasado.

”EnglishFest Experience Costa da Morte non é un campamento de verán con clases de inglés. É un campamento de inglés con actividades”, apunta Gerry Geraghty, natural de Irlanda, xa con 9 anos de experiencia como profesor nunha academia e de clases particulares en España.

O “Englishfest” é un campamento de inglés, dinámico, onde os nenos aprenderán inglés nun ambiente divertido e seguro, aprendendo gramática e vocabulario mentras se realizan outras actividades coma deportes anglosaxóns, kayac, clases de natureza, reciclaxe, xornadas contra o racismo… Ademais, pretenden achegar a cultura anglosaxona á zona, e para iso tiran de deportes coma o rugbi, o beisbol, o fútol gaélico…

E por se fora pouco, contarán cunha xornada multicultural, cun convidado senegalés, e unha convidada Coreana, que contarán porque escolleron Galicia como país de destino.

Máis información e inscricións

Xa os podedes atopar na rede, a través da web englishcostadamorte.weebly.com no Facebook”Englishs Fest Experience Costa da Morte”.

O prazo de inscrición para o segundo Campamento 2 (do 16 ao 30 de xullo) está aberto, con prazas en Carballo (o campamento realízase no Colexio Gándara Sofán) e Cabana (na Casa Social Canduas). Podes informarte nos números 662467395 o 662015734 ou no correo gerardgeraghty@gmail.com.

Aprende inglés mentres disfrutas do verán!.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios