Dous feridos na Piolla tras caer o seu coche por un barranco
22:12 14/06/16
Minutos antes das catro desta tarde, rexistrábase un accidente na AC-552 no lugar da Piolla, en Cabana de Bergantiños. No sinistro víronse implicadas dúas persoas, un home e unha muller, que resultaron feridas tras caer por un desnivel o turismo no que viaxaban.
Un equipo médico acudiu ao lugar dos feitos a bordo do helicóptero con base en Santiago de Compostela para atender aos feridos xa que a muller chegou a perder a consciencia. Os profesionais do 112 Galicia solicitaron, ademais, a intervención dos Bombeiros de Carballo, que, cando chegaron ao lugar do accidente, comprobaron que os feridos estaban fóra do vehículo.
Accidentes 2016
- Stop Accidentes: “No 90% dos casos o conductor é o único responsable do seu comportamento”.
- 08-06-2016: Un ferido nunha colisión por alcance en Cee
- 08-06-16: Aparatoso accidente entre Vimianzo e Camariñas
- 12-05-16: Unha persoa excarcelada tras un forte accidente en Ameixenda:
- 18-04-16: Unha ferida nun accidente de tráfico en Bustelo.
- Días de accidentes polas estradas da bisbarra
- 22-03-16: Excarcelan unha persoa tras un accidente en Camariñas.
- 11-03-16: Un ferido nun accidente de moto en Fornelos, en Zas.
- 29-02-16: Nova fin de semana de accidentes.
- 24-02-16: Un ferido tras un accidente en Berdeogas.
- 15-02-16: Un novo falecido nas estradas costeiras ao ser arrollado en moto por un camión
- 13-02-16: Falece un mozo de 19 anos ao caer o seu coche a un río en Carballo.
- 11-02-16: 6 persoas resultaron feridas en senllos accidentes rexistrados en Dumbría, Malpica e Paxareiras.
- 11-02-16: Falece un home nun novo atropelo en Rus.
- 10-02-16: Varios feridos en dous atropelos en Cee e Baio.
- 10-02-16: Un ferido tras unha colisión por alcance en Corcubión.
- 08-02-16: Falece en accidente de tráfico Paula Sueiro, unha das recanteiras do Luar.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Axega