“Estes medallistas galegos son o espello onde se pode fixar a xuventude”
Tiña lugar este martes 16 de abril a presentación do proxecto Espello Deportivorede. Un proxecto promovido pola Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Deputación e os concellos adheridos á mesma, que trata de achegar o amor á nosa lingua á mocidade a través do deporte.
"E que é o que move á mocidade?" preguntábanse o Secretario Valentín García e a responsable de normalización da Deputación da Coruña e alcaldesa de Cee Zaira Rodríguez. "Os éxitos, os campións. Os medallistas galegos!"
Así naceu este proxecto de encontros entre grandes varios medallistas galegos en London 2012, cos alumnos de toda Galicia, para vertebrar a través da lingua e do deporte.
A semana pasada estiveron en Cabana de Bergantiños, como vemos na imaxe de abaixo, nunha visita que ben podería estar protagonizada polo veciño cormelán e número 1 de España en cadeira de rodas Martín Varela. Desta volta foi o nadador paraolímpico Chano Rodríguez, que abríu as portas da súa casa para que todos os mozos lle fixeran esas preguntas que tanto se desexa saber pero que nunca se preguntan: "A quen chamaches primeiro cando gañaches a medalla?" ou "Que sentiches cando chegaches de volta de Londres e te sentaches no sofá da túa casa?", preguntábanlle os cativos.
Niso consiste o proxecto, en encontros nos que ademais dunha presentación polo armadanzas, o actor Rubén Riós, unha microdocumental de cada deportista, e un coloquio abertos cos rapaces, para que vexan que non hai cancelas, que non as barreiras e os obstáculos están para superalos.
Máis visitas á Costa da Morte
Ao longo desta semana volverán pola bisbarra. Este xoves 18, a regatista olímpica Sofía Toro visitará o Colexio Público Praia de Quenxe de Corcubión ás 15:00 horas, mentres que Chano Rodríguez manterá un coloquio co público presente na Casa do Concello de Santa Comba ás 19:00 horas.
Un día despois, o venres 19 Sofía Toro estará ás 11:00 horas no salón de actos do Voluntariado de Muxía. Por último, o sábado, ás 12:00 horas, Sofía Toro e mais Juan Antonio Saavedra pecharán a semana de encontros no salón de actos da Casa do Concello de Cee.
Prestixiar o galego a través do deporte
“Espello Deportivo” ten como principal tarefa a de ligar o uso da lingua galega co deporte e cos seus valores positivos, como o sacrificio, o afán de superación ou a disciplina. Para ese cometido, xunto co do prestixio do galego entre os máis novos, o programa conta con tres protagonistas de excepción, cunha colección de recoñecementos internacionais no deporte de elite.
Un proxecto que tamén ten como obxectivo reincindir na nosa posición privilexiada para con o mundo lusofono. "O galego ábrenos as portas de maís de 270 millóns de persoas. Aí me contaban os propios deportistas o orgullo que supón ser o relacións públicas da selección española en Brasil ou Portugal", recordaba Valetín García.
Sofía Toro, regatista olímpica, foi campiona olímpica nos Xogos de Londres 2012, na modalidade de Match Race. Malia a súa mocidade, conta tamén na súa relación de títulos co primeiro posto nos campionatos de Europa en 2011 e de Iberoamérica e España en 2010. Esforzo e superación son as dúas máximas do tirador paraolímpico Juan Antonio Saavedra, medalla de prata nos Xogos Paraolímpicos de Londres, logo de participar nos de Sidney e Atenas. Por último, o gaditano Chano Rodríguez poderá explicar mellor que ninguén a adopción do galego con naturalidade, combinando a súa historia lingüística coa consecución de 16 medallas paraolímpicas en natación.
Máis información
Toda a información sobre ‘Espello deportivo’ está dispoñible no web www.xunta.es/linguagalega/espello_deportivo.