Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Martín Varela abre a tempada gañando o VII Open de Marbella e xa pensa na Copa do Mundo

Martín Varela abre a tempada gañando o VII Open de Marbella e xa pensa na Copa do Mundo
Martin Varela Campion Open Marbella 2013

O cormelán Martín Varela, integrante da Asociación Deportiva Vidú, competiu este fin de semana nunha nova edición do Open de Marbella, que xa vai polo seu 7º edición. O xogador cormelán estreaba a súa condición de número 1 da Selección Española de tenis en cadeira de rodas que disputará en maio a Copa Do Mundo en Turquía.

Desta forma, o actual Campión de España da especialidade, comezaba dunha forma inmellorable a súa participación nos torneos esta tempada. Varela non competía desde a lesión que sufriu no Máster do ano pasado en novembro e que o tivo apartado das pistas case 4 meses.

O cormelán segue a súa preparación para a Copa do Mundo en maio, polo que do 25 ao 28 de abril disputará o seu primeiro torneo internacional da tempada, o Open Internacional Fundación Emilio Sánchez Vicario, na Cidade da Raqueta de Madrid.

O Torneo

A cita celebrouse nas instalacións do Polideportivo Paco Cantos desde o venres ata o pasado domingo. No cadro individual Varela partía como cabeza de serie nº1 polo que paso por bye a primeira rolda.
En cuartos xogou ante o mozo galego Martín Da Ponte, que forma parte do Equipo Junior da Selección Española que irá á Copa do Mundo. Varela venceu por 6/1 e 6/2 nun partido no que non deu opcións ao seu rival.
En semifinais o cormelán xogou contra o outro membro do Equipo Junior da Selección, o tamén galego Félix García. Varela volveu demostrar a súa experiencia na pista e venceu por un dobre 6/3. Cabo destacar que a moza parella galega Da Ponte e García alcanzaron a final de dobres do torneo.

A gran final esperada produciuse, xa que se enfrontaban os dous membros do Equipo Masculino da Selección que disputarán a Copa do Mundo. Desde o primeiro momento o cormelán Varela impuxo o seu xogo ante Illobre de forma que os xogos foron caendo ao lado de Varela. No segundo set Illobre realizou un xogo máis agresivo pero desta forma chegaron os erros do aresano. Así, o partido foi para Varela por 6/3 e 6/2.

Os companeiros na Seleccion espanola e galegos Alvaro Illobre e Martin Varela na final de Marbella

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

Comentarios