Luns. 14.10.2024
El tiempo

A experta en creatividade infantil Angélica Sátiro impartiu unha charla en Dombate promovida polo CFR da Coruña

Angélica Sátiro en Dombate
Angélica Sátiro en Dombate
A experta en creatividade infantil Angélica Sátiro impartiu unha charla en Dombate promovida polo CFR da Coruña

Visita de alto rango a que recibiu a Costa da Morte esta semana. A doctora en Pedagoxía pola Universidade de Barcelona é unha das maiores expertas mundiais en creatividade infantil e filosofía para nenos, Angélica Sátiro, estivo en Dombate. Invitada polor Centro de Formación e Recursos do Profesorado CFR da Coruña, deu unha conferencia este pasado mércores ante un numeroso grupo de mestres e mestras sobre como fomentar o pensamento creativo nos nenos e nenas, abogando por un sistema educativo que conxugue o reflexivo co autónomo e que integre a escola na sociedade. Tamén expuso varias experiencias exitosas levadas a cabo en diferentes países.

Charla sobre creatividade infantil en Dombate

Un luxo para a Costa da Morte recibir unha muller que ten máis de 200 libros publicados e 400 artigos e publicacións en varios idiomas; que é “Magister” en Creatividade Aplicada pola Universidade de Santiago de Compostela, Posgraduada en Temas Filosóficos pola Universidade Federal de Minas Gerais (Brasil) e en Pedagoxía Empresarial pola mesma universidade; especialista en Filosofía para Nenos polo IAPC (Institut for the Advancement of Philosophy for Children) por Montclair State University (E.E.UU).

Unha muller que ademáis de impartir cursos e conferencias en máis de 20 países de Europa e América é cocreadora da EFCI (Escola centroamericana de facilitadores da creatividade e a innovación), colaboradora do GRUPIREF (Grupo de investigación e innovación no ensino da filosofía), directora do Proyecto Noria e CASA CREATIVA ademáis de presidenta da asociación CREARMUNDOS BCN.

Membros do CFR con Angélica Sátiro
Membros do CFR con Angélica Sátiro

Novas relacionadas

Comentarios