Venres. 29.03.2024
El tiempo

Falece unha muller en Canduas por un posible caso de violencia de xénero

Falece unha muller en Canduas por un posible caso de violencia de xénero
violencia-machista-canduas-cabana-bergantinos O suceso tivo lugar esta tarde no lugar de Tras de Agra, en Canduas Unha veciña do lugar de Tras da Agra, na parroquia de  Canduas, en Cabana de Bergantiños, faleceu esta tarde tras recibir supostamente un disparo por parte da súa parella - un home duns 53 anos de idade -. O suposto homicida xa foi detido por axentes da Garda Civil. canduas-bergantinos Ata o lugar desprazouse un helicóptero do 061 Ata o lugar dos feitos desprazáronse axentes da Garda Civil e membros dos equipos de emerxencias, unha ambulancia e un helicóptero. O suceso causou unha enorme conmoción entre a veciñanza que se achegou ata a zona. Con este son 3 os feminicidios íntimos que tiveron lugar en Galicia no que vai de ano. Fonte

Comentarios