Freixos contra a mina
Segue a xente de Bergantiños co oído posto na prensa. I é que a empresa Edgewater non dá por morta a mina de Corcoesto. Seguindo en clave de loita, pero sobre en clave de concienciación ambiental, a Asociación autonómica e ambiental Petón do Lobo arrincou unha campaña esta semaba para favorecer a preservación dos montes.
A entidade está distribuíndo entre as persoas interesadas, prantas de freixo para repoboar os seus montes. Árbores autóctonas para manter vivo o noso monte.
A campaña comezaba este sábado, e cada persoa interesada xa puido solicitar unha pranta. O colectivo dispón de 1.200 que se distribuirán gratuitamente, co compromiso por parte do beneficiario, de prantala no monte e comprometerse a coidala na medida das súas posibilidades. Teñen preferencia as persoas socias e a veciñanza de Corcoesto, Cereo e Valenza. Coméntannos que apenas quedan 43 exemplares para ceder, unha vez que "a xente respondeu moi ben, sobre todo a de Cabana e a de Coristanco. Tamén tivemos moitas peticións de Coruña capital e Arteixo", apuntan dende O Petón do Lobo.
Ademais, outras 1.200 prantas xa foron cultivados polos propios responsables da entidade, naquelas áreas do monte de Corcoesto, que sofriron a deforestación producida polas actividades de sondeos e calicatas das antigas labores mineiras.
Novas relacionadas
Fonte
- Petón do Lobo.