Unha homenaxe á eterna mariscadora do Anllóns
18:39 02/10/22
O sector do mar cabanés quixo organizar este pasado venres unha homenaxe a unha persoa moi importante. Julia Haz será sempre a imaxe da mariscadora do Anllóns, tras ser a reponsable das mariscadoras de berberechos do esteiro bergantiñán dende 1993.
30 anos de loita serviron para que as súas compañeiras e as autoridades acodisen á Cabana para renderlle un merecido recoñecemento.