Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Íntegro celebra os seus 25 anos

Íntegro celebra os seus 25 anos
usuarios-integro Usuarios e usuarias de Íntegro participarán mañá na celebración do 25 aniversario da asociación A asociación Íntegro está de aniversario. Son xa 25 anos de traballo que quedarán recollido no actao que terá lugar mañá. A historia da asociación comezou a escribirse logo dunhas xornadas sobre discapacidade organizadas pola agrupación Monte Branco no Couto, e pouco a pouco foron sumándose homes e mulleres valentes, loitadores/as e decididos/as a cambiar a sociedade para defender os dereitos das persoas con diversidade funcional e contribuír a acadar a súa plena inclusión social, cultural e laboral. Mañá, moitos deses homes e mulleres anónimos/as que encheron de ilusión, esperanza, ánimo e fortaleza as páxinas da nosa entidade, superando barreiras e alcanzando metas, serán merecidos/as protagonistas da xornada. Entre os preto de 200 convidados/as ao acto estarán os socios/as, familiares, usuarios/as, directivos/as, veciños e veciñas que fixeron posible esta longa andaina e que, de seguro, volverán a emocionarse recordando o pasado pero coa ollada posta nun futuro repleto de oportunidades e de cambios como os que sufriu a entidade abríndose ao emprego social, a través da creación de Máis Porvir Xestión Social, ou promovendo programas de formación e inserción laboral para mulleres con disCapacidade no Rural, PIMD Rural, de cara ao seu empoderamento na sociedade. Por outra banda, ao acto tamén acudirán numerosas autoridades políticas de ámbito local, provincial e autonómico e unha ampla representación da vida social e económica da Costa da Morte. Así, xa confirmaron asistencia o Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; a responsable da área de Benestar da Deputación da Coruña, Ánxela Franco, e o presidente de COGAMI e COCEMFE, Anxo Queiruga. Protagonistas A celebración dará comezo ás 12 horas no auditorio municipal de Cabana de Bergantiños coa lectura dun poema a cargo dunha usuaria de Íntegro e a intervención, a continuación, do presidente da asociación, Adolfo López Baña. A partir de aí abrirase o telón e dará comezo un fantástico espectáculo no que participarán moitas das persoas que protagonizaron a historia da entidade. Sobre o escenario os testemuños e as vivencias persoais irán dando paso aos discursos, os proxectos, a música, os vídeos e o humor sen esquecer as palabras de gratitude nun acto que promete emocións e sentimento de principio a fin. E para mostra un botón! Sabiades que o lugar escollido para celebrar o 25 aniversario foi a primeira sede oficial de Íntegro? A partir das 13:30 horas, servirase un aperitivo na Escola de Vela de Cabana elaborado polos alumnos e alumnas do noso obradoiro de cociña. Unha auténtica experiencia para os sentidos que deixará moi bo sabor de boca entre os asistentes. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios