Luns. 17.06.2019
El tiempo

Íntegro centra a acción na inserción sociolaboral co curso de Competencias Clave

Íntegro centra a acción na inserción sociolaboral co curso de Competencias Clave

Coa finalidade de mellorar as cifras de inserción laboral, Íntegro comeza varios programas, como son o curso de preparación de competencias Clave e o programa Avanza Inclusión. Dous programas que afondan na incorporación ao mercado laboral das persoas en risco de exclusión social e, preferentemente, o acceso a aquelas que padecen diversidade funcional.

Ambas accións están promovidas pola Consellería de Política Social e co-financiadas polo Fondo Social Europeo no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020.

No programa Avanza Inclusión, estanse a realizar diversas accións propias da Carteira de Servizos Sociais de Inclusión Social, como a diagnose, deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión socio laboral, acompañamento social, accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral, mediación social, mediación laboral, prospección e mediación laboral activa así como o apoio na conciliación e o reforzo socio-educativo, entre outras. Este programa está en marcha desde o pasado 1 de xullo e permanecerá aberto ata o 30 de xuño de 2020.

Ademais, desde o pasado mes de maio, a asociación Íntegro tamén está a desenvolver outra acción formativa consistente nun curso de preparación de competencias Clave. Nesta primeira actuación (son tres), que se prolongará ata o 28 de xaneiro de 2019, estase a formar xa a un grupo de persoas con diversidade funcional (discapacidade intelectual) da Costa da Morte para o seu acceso ás oposicións do grupo V, categoría subalterno, da Xunta de Galicia.
A segunda e a terceira acometeranse de xaneiro a outubro do ano que vén e de outubro a xuño de 2020, respectivamente. Cada unha delas terá unha duración de 130 horas e estará integrada por grupos reducidos de traballo (mínimo 5 persoas e máximo 10) para garantir unha aprendizaxe individualizada e adaptada ás necesidades específicas de cada alumno/a.

Estas accións formativas son abertas a calquera persoa interesada, e podedes solicitar información no 981 734 985 ou pasar polas oficinas de Nantón, de luns a venres e de 9 a 17 horas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/integro-forma-desempregados-en-administracion/ https://quepasanacosta.gal/unha-nova-furgoneta-para-que-integro-chegue-a-camarinas-e-camelle/

Comentarios