Venres. 26.04.2024
El tiempo

Íntegro comeza 2018 co seu novo calendario solidario

Íntegro comeza 2018 co seu novo calendario solidario
Temos xa por fin nas nosas mans o Calendario da Asociación Íntegro para 2018. Un almanaque co lema “12 meses, unha causa “, no que usuarios e usuarias de Íntegro recrean algúns dos nosos costumes e tradicións máis populares para o seu novo calendario benéfico. Xa están a venda e os fondos recadados destinaranse na súa totalidade á adquisición de material deportivo para o centro e optimizar os recursos técnicos destinados ás persoas con diversidade funcional. “Este ano non contaremos os días, faremos que os días conten”, é o obxectivo da entidade costeira radicada en Nantón. Porque cada imaxe reflicte parte da vida dos membros da familia.

Como facerse con un

As persoas interesadas en adquirir o novo almanaque poden facelo achegándose ata as oficinas de Nantón (Cabana) ao longo desta semana en horario de 09 a 14h ou ben realizando a súa reserva no 981 734 985. O prezo de cada exemplar é de tan só 6€.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios