Íntegro ensina ao alumnado do IES de Baio a previr as lesións medulares
08:05 17/05/17
Alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES de Baio puxeron a proba a súa destreza sobre unha cadeira de rodas
A asociación Íntegro continúa coa súa campaña de prevención de lesións medulares polos distintos centros educativos da Costa da Morte. Tras a visita ao IES Monte Neme de Carballo a semana pasada, onte foi o turno do IES Maximino Romero de Lema de Baio que, precisamente estes días, están inmersos na súa semana cultural.
Para informar sobre as causas e consecuencias de realizar prácticas de risco, o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, desprazouse ata o IES de Baio xunto ao vogal da nosa entidade, David Pombo, e unha voluntaria da asociación, Teresa Fuentes, abrindo así o programa de actividades da semana cultural do centro zacense. Os tres poñentes mantiveron unha xuntanza con alumnos e alumnas de 3º da ESO para explicarlles a necesidade de coñecer e evitar riscos innecesarios que poden causar a morte ou deixar secuelas incurables - matizaron- ao tempo que relataron as súas propias vivencias e as dificultades de vivir sobre unha cadeira de rodas, momento que suscitou gran curiosidade entre os/as estudantes por saber como era o seu día a día.
Adolfo López Baña, presidente de Íntegro, foi o responsable da charla informativa sobre a prevención das lesións medulares
A xornada chegou ao seu punto máis álxido cando tocou poñer en práctica o aprendido na charla informativa. Os e as participantes tiveron a oportunidade de poñer a proba a súa destreza sobre unha cadeira de rodas e o seu grao de empatía para poñerse no lugar de quen ten a mobilidade reducida. E todos/as coincidiron en sinalar que sobre as dúas rodas, todo se ve diferente. Facendo gala dunha gran capacidade de adaptación e moitas gañas de superación, os alumnos/as animáronse a realizar algúns tiros á canastra de baloncesto e realizar un circuíto de mobilidade polo pavillón escolar cun resultado moi espectacular.
Esta actividade está subvencionada pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña e nela colaboran tamén varios concellos e entidades privadas da Costa Morte.
Novas relacionadas
- O clubEmprego de Íntegro xa funciona en Malpica
- Málpica súmase ao programa clubEmprego de Íntegro para impulsar a inserción laboral da muller
- Íntegro crea un novo espazo para a inserción laboral da muller chamado clubEmprego
- Íntegro reforza o proxecto PIMD Rural con novas canles para a inserción laboral
- Íntegro organiza un mercado de Nadal con agasallos artesanais e solidarios
- Íntegro abre as súas portas con motivo do día internacional da diversidade funcional
- Íntegro abre unha nova edición de Visítanos! cos escolares de Camariñas e Ponte do Porto
- Os usuarios de Íntegro apúntanse a reciclar
- Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares.
- Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
- De visita a Madrid
- Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Íntegro