Venres. 26.04.2024
El tiempo

Íntegro forma desempregados en administración

Íntegro forma desempregados en administración
Inicio curso en Nantón Inicio curso en Nantón

Empezaba onte nas instalacións de Íntegro en Nantón, un curso de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais que imparte COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). Un curso de formación de cara á inserción laboral dirixido a persoas desempregadas, o que se coñece por curso AFD. no que participan 15 persoas, todas elas apuntadas no Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI.

Para poder apuntarse a esta formación, todas as persoas seleccionadas tiñan que ter recoñecidas discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, ademais de estar en situación de desemprego e ser maiores de idade. As persoas que iniciaron o curso proceden dos concellos de Vimianzo, Carballo, Malpica, Zas, Ponteceso e A Laracha, e todas eles comprenden un tramo de idade que vai dende os 30 ata os 60 anos. Cun total de 448 horas de duración, co que rematará o 13 de marzo de 2019.

Estas formacións teñen por obxectivo conseguir un incremento das posibilidades de inserción laboral nas persoas traballadoras desocupadas e, no caso de COGAMI, nas persoas que teñen discapacidade. Coa impartición destes cursos, COGAMI pretende ofrecer máis posibilidades laborais a un grupo social, como é o da discapacidade, que conta cunha taxa de paro superior en nove puntos á das persoas que non teñen discapacidade.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/usuarios-de-integro-e-adisbismur-gozaron-dunha-festa-do-baloncesto-inclusivo/ https://quepasanacosta.gal/integro-forma-a-dez-novos-auxiliares-de-almacen/

Comentarios