Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
08:10 26/05/16
Ponteceso e Malpica acollerán as primeiras enmarcadas dentro do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional, promovido pola asociación Íntegro coa colaboración do Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta.
En Ponteceso - en colaboración co departamento de Servizos Sociais, que dirixe Isabel Vuelta - as mulleres poderán escoller entre varias actividades que se desenvolverán ao longo dos meses de xuño e xullo. Para as apaixonadas das novas tecnoloxías, Íntegro porá en marcha un curso sobre redes sociais e Internet, mentres que para as que queiran iniciarse no mundo dos ordenadores está previsto o de informática básica e mecanografía. Tamén haberá un obradoiro de cociña centrado na preparación de tapas e aperitivos, e outro de artes manuais no que coñecerán técnicas tan variadas como a elaboración de xabóns naturais ou bixutería.
As interesadas poden informarse e inscribirse no centro de recursos de Íntegro, chamando ao 981 734 985 de luns a venres en horario de 09 a 17 horas, ou no departamento de Servizos Sociais de Ponteceso, no teléfono 981 714 000. As prazas son limitadas.
En Malpica - en colaboración coa concellería de Servizos Sociais, que dirixe Marisol Blanco Gorín, e a secretaria xeral de Igualdade -tamén se levarán a cabo dúas accións formativas durante os meses de xuño e xullo. No centro Cívico terá lugar a partir do 9 de xuño un curso de tapas e aperitivos, que se celebrará os xoves de 10 a 12horas. Na Casa do Oleiro de Buño haberá clases de informática os mércores, de 10 a 12 horas, a partir do 8 de xuño.
As prazas tamén son limitadas e terán preferencia as mulleres con algún tipo de diversidade funcional. As interesadas poden informarse no centro de recursos de Íntegro no 981 734 985, ou no departamento de Servizos Sociais de Malpica, no 981 720 280.
Con este tipo de iniciativas preténdese contribuír ao desenvolvemento das mulleres con disCapacidade na sociedade, dotándoas de coñecementos necesarios e útiles tanto para a súa vida diaria como para a mellora do emprego e a plena inclusión.
Novas relacionadas
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
- Redacción QPC ([email protected])
- Íntegro