Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión

Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
Presentando-o-Programa-polo-Dia-da-Inclusion-en-Integro

Este vindeiro 8 de maio é o Día Internacional da Inclusión. E aquí na Costa somos referencia en materia integradora, como o puidemos comprobar na celebración do ano pasado.

Este ano, a Asociación Íntegro celebrará en Malpica o Día da Inclusión, que este ano leva por lema “A inclusión das persoas con diversidade funcional (discapacidade)”. A xornada do 8 de maio reunirá a cinco entidades da provincia (Ambar, Adibismur, A Creba, A Misea e Avante Val do Dubra, así como os alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos do CEIP Milladoiro, que realizarán unha marcha reivindicativa pola vila que rematará coa lectura dun manifesto diante da Casa do Pescador e un xantar de convivencia.

“Reivindicaremos os dereitos das persoas con diversidade funcional, sobre todo o dereito á inclusión, a participar en actividades de todo tipo e en igualdade de condicións que os demais”, explicou Noelia Barreira, terapeuta ocupacional de Íntegro na presentación da iniciativa, que tivo lugar hoxe pola mañá no Centro Cívico de Malpica. Para o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, o 8 de maio é “un día importante” porque son moitos os cidadáns “que non saben o que é a inclusión. Aínda temos que conseguir a integración en moitos ámbitos, pero queremos loitar tamén pola inclusión porque é a porta de entrada na sociedade das persoas con diversidade funcional”.

Os actos conmemorativos do Día da Inclusión comezarán ás 11.00 horas coa recepción dos participantes, que iniciarán a marcha reivindicativa unha hora máis tarde. O percorrido, dun quilómetro de lonxitude, rematará coa lectura do manifesto elaborado conxuntamente polas entidades participantes. A xornada reivindicativa, pero tamén festiva, continuará cun xantar e música pola tarde.

Novas relacionadas

  • Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
  • 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
  • 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
  • Fonte

    Comentarios